Johann Harald Kylin
(1925) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1879 Ornunga, Suecia |
Morte | 16 de decembro de 1949 (70 anos) parroquia da catedral de Lund, Suecia |
Lugar de sepultura | cemiterio do norte de Lund, Kvarter: 024 Gravplats: 0020-21 (1949–) |
Formación profesional | doutoramento |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, ficoloxía, xenética das plantas e Fisioloxía vexetal |
Ocupación | botánico, ficólogo, mestre, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Lund Universidade de Uppsala |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Kylin |
Familia | |
Cónxuxe | Elsa Sofia Jacobowsky |
Fillos | dous |
Pai | Nils Henrik Olsson |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Dicionário Biográfico Sueco (pt) , lang: lingua sueca |
Johann Harald Kylin, máis coñecido como Harald Kylin, nado o 5 de febreiro de 1879 en Ornunga, condado de Västra Götaland, Suecia, e finado o 16 de decembro de 1949 en Lund, foi un botánico sueco, especializado en ficoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O pai de Kylin, Nils Henrik Olsson, era agricultor, e os seus fillos tomaron o apelido Kylin da leira familiar, xa que o apelido Olsson era moi común en Suecia. En 1898 graduouse nunha escola secundaria de Gotemburgo e estudou na Universidade de Uppsala, onde obtivo o doutoramento en 1907. Posteriormente foi profesor na Universidade de Uppsala e, ao mesmo tempo, ensinou nunha escola secundaria e na formación de profesores. Nos anos 1912 e 1913 estivo con Wilhelm Pfeffer en Leipzig. Desde 1920 até a súa xubilación en 1944 foi profesor de botánica na Universidade de Lund. O herbario Agardh en Lund foi unha das coleccións de algas máis importante do mundo.
Kulin estaba principalmente interesado nas algas. A súa tese de doutoramento trataba sobre a flora mariña na costa oeste de Suecia. Alí pasaba a miúdo os veráns en Kristineberg preto de Fiskebäckskil coa súa familia mentres facía investigacións no laboratorio mariño local. En 1924 casou con Elsa Sofia Jacobowsky, coa que tivo un fillo e unha filla.
Nunha serie de traballos publicados entre 1909-1918 tratou da bioquímica das algas, sobre todo sobre os seus colorantes e carbohidratos. En obras posteriores, de 1928 a 1932 elaboró as directrices para un novo sistema de clasificación. Kylin publicou obras incluso sobre a socioloxía vegetal e a bioloxía das plantas.
Publicou sobre taxonomía, morfoloxía, bioquímica, ecoloxía e fisioloxía das algas, e publicou unha revisión da taxonomía das algas vermellas na costa oeste sueca en 1944, outra das algas pardas en 1947 e unha terceira algas verdes en 1949. Tamén publicou sobre as algas na costa oeste de Noruega, onde se atopaba en 1908, as algas vermellas do Subantártico e o Ártico (1919), as algas vermellas de Nova Zelandia, Suráfrica e California.
En 1922 visitou os Estados Unidos e recolleu na península de Monterey, en La Jolla en California, Friday Harbor no condado de San Juan, Washington (onde impartiu un curso de verán sobre algas en 1924) e Woods Hole.
En 1917 publicou unha revisión da taxonomía das algas pardas, baseándose especialmente nos seus ciclos de desenvolvemento. Naquel momento describiu cinco ordes, e nunha revisión en 1933 tres clases e 12 ordes. En 1923 publicou unha monografía sobre a morfoloxía de 25 xéneros de algas vermellas da clase das florideofíceas.
En 1932 publicou unha monografía sobre a taxonomía da clase das algas pardas Chordariales, e en 1940 outra sobre a orde das Gigartinales. En 1956 apareceu a título póstumo o seu libro Die Gattungen der Rhodophyceen, editado pola súa viúva, que era bióloga.
Foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia e da Real Academia das Ciencias de Dinamarca, membro correspondente da Botanical Society of America e da Societas pro Fauna et Flora Fennica. Foi galardoado coa a Medalla linneana.
De 1922 a 1928 foi editor de Botaniska Notiser.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- 1956 - Die Gattungen der Rhodophyceen (Os xéneros das rodofíceas).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Kylin emprégase para recoñecer a Johann Harald Kylin como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carlquist, Gunnar (1933): Svensk uppslagsbok. Bd 16. Malmö: Svensk Uppslagsbok AB. sid. 444-445.
- ↑ Kylin – Johan Harald Kylin (1879-1949) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- George F. Papenfuss: "Kylin, Johann Harald", en: Charles C. Gillispie, ed.: Dictionary of Scientific Biography, 1980, Nova York: Charles Scribner's Sons, vol. 6, pp. 534–536.
- Sveriges statskalender 1939. Uppsala: Almqvist & Wiksells boktryckeri-a.-b. 1939. p. 694.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Breve biografía en Nordisk familjebok (en noruegués).