Saltar ao contido

Jim Baxter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJim Baxter

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Hill of Beath, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
EducaciónBeath High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEscocia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1957–1960 Raith Rovers Football Club 62(3)
1960–1965 Rangers F.C. 136(18)
1965–1967 Sunderland Association Football Club 87(10)
1967–1967 cesión Vancouver Royals 12(2)
1967–1969 Nottingham Forest FC 48(3)
1969–1970 Rangers F.C. 14(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1960–1967   Escocia 34(3)

Find a Grave: 10599105 Editar o valor en Wikidata

James Currant Baxter, nado o 29 de setembro de 1939 e finado o 14 de abril de 2001 por mor dun cancro, foi un xogador escocés de fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no lugar de Hill O'Beath, na rexión de Fife comezou a súa carreira coma xogador no equipo do Raith Rovers F.C. para despois cumprir coa etapa de máis importancia na súa carreira ó fichar polo Rangers no 1960 coa idade de 20 anos e cun récord daquela de 17.500 £ pagadas polos seus servizos. No 1965 fichou polo Sunderland A.F.C., no 1967 polo Nottingham Forest F.C. e no 1969 volveu ó Rangers para retirarse na tempada seguinte con tan só 30 anos.

Acadou 34 internacionalidades pola Selección escocesa de fútbol lembrándose especialmente aquela na que tivo unha actuación ben salientable fronte a Inglaterra no 1967 no mítico estadio de Wembley, onde os escoceses foron quen de vencer por 2-3 e o que provocou que se proclamasen a si mesmos campións do mundo por se-la primeira selección en gañalos dende que quedaran campións da Copa do Mundo un ano antes.