Saltar ao contido

Jan van Eyck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJan van Eyck

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1390 Editar o valor en Wikidata
Bispado de Liège (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 1441 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Bruxas (Países Baixos borgoñóns) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de São Donatian (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bruxas
Baiona
Portalegre
Falmouth (pt) Traducir
Plymouth
Sandwich (pt) Traducir
Lisboa
Arraiolos
Lille
Cascais (pt) Traducir
A Haia
Sluis-Aardenburg (en) Traducir
Shoreham (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, arquitecto, iluminador, debuxante arquitectónico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorJean III de Bavière (pt) Traducir
Filipe III de Borgoña Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato pictórico, pintura relixiosa, pintura de xénero e retrato Editar o valor en Wikidata
MovementoPintura flamenga primitiva e Renacemento nórdico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRobert Campin Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalHubert van Eyck: brothers van Eyck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MecenasFilipe III de Borgoña
Jean III de Bavière (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMargareta van Eyck Editar o valor en Wikidata
IrmánsHubert van Eyck
Lambert van Eyck
Margaretha [Margarete] van Eyck Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:von Eyk/ zween Brüder/ Johann und Hubert/ Mahlere von Maseyk. 213, 213)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Het leven van Ian en Hubrecht van Eyck, ghebroeders, en Schilders van Maeseyck., M182)
Lives of Flemish, German, and Dutch painters (en) Traducir, (sec:Jan van Eyck, Tome Premier, pag. 1) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX873756 Musicbrainz: 11ec272c-bfe5-4863-be7e-ae97671325ec Discogs: 2155284 Find a Grave: 9529187 Editar o valor en Wikidata

Jan van Eyck, nado contra 1385 presumiblemente en Maaseyck e finado en 1441, foi un pintor flamengo.

O pintor e biógrafo de artistas florentino Giorgio Vasari, atribuíu a Jan Van Eyck unha das innovacións que máis consecuencias tería na pintura: Na súa edición de "Le Vite" deixou sentenciado que fora a orixe da pintura ao óleo. Vasari conta que Van Eyck descobreu casualmente que os óleos son aptos como aglutinantes. E continúa narrando a través da biografía de Antonello da Messina como esta nova técnica pictórica acabaría sendo coñecida en Italia.

A fortuna de tal aserto foi tal, que ao longo dos séculos tense reproducido como orixinal tal afirmación.

Carel van Mander, na súa obra Schilderboek (1604) cualifica aos irmáns Van Eyck como fundadores da arte holandesa. E narra as probas experimentais cos aceites de liñaza e noces na procura de vernices que sequen o máis axiña posible.

Incluso a Enciclopedia de Diderot e D`Alembert (1751-1780) mantivo a afirmación sobre a orixe da pintura ao óleo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O matrimonio Arnolfini, 1434. O único retrato dobre e de corpo enteiro feito por van Eyck. Na vista ampliada pódese ver no espello o retrato do propio van Eyck

En 1422, Jan van Eyck, converteuse en pintor ao servizo de Xoán de Baviera-Straubing, quen gobernaba desde 1418 os condados de Holanda e Seeland. En colaboración cos seus axudantes, traballa probablemente na decoración da corte da Haia, a denominada corte interior.

En 1425, trala morte de Xoán de Baviera, trasládase a Bruxas. Cunha patente alí expedida é nomeado pintor da corte do duque borgoñón Filipe III, chamado “Filipe o bo” (en francés Philippe le Bon).

En 1428, formado parte dun séquito de alto rango, marcha -pasando por Inglaterra e Galicia -a Portugal, onde se concerta o matrimonio entre Felipe o Bo e a infanta portuguesa Isabel. Entre os diplomáticos borgoñeses atópase Baudouin de Lannoy - a quen retratará cara á 1435.

En Portugal, pinta dous retratos da infanta. E mentres espera resposta, algúns borgoñeses, probablemente tamén Van Eyck realizan unha perigrinaxe a Santiago de Compostela e teñen un encontro con Xoán II de Castela e con Mohammed, rei de Granada. En setembro dese ano parten coa infanta cara aos Países Baixos, arribando a Sluis, en Bruxas. En 1432, é fixado na Sint Janskerk, hoxenedía San Bavón - o Políptico de Gante, coincidindo co establecemento da súa residencia e obradoiro permanente en Bruxas.

Neste ano, pinta "Leal Souvenir" e asemade o retrato perdido de "Xacoba de Baviera".

En 1433, pinta o "Home do turbante vermello", no que aparece por vez primeira o seu lema de pintor: "ALC IXH XAN", que traducido di:"O mellor que podo". Casa con Margarete van Eyck a quen pintará 1439.

En 1434, por encargo de Giovanni Arnolfini, o artista pinta O matrimonio Arnolfini. Tamén nace o seu primeiro fillo.

En 1435 viaxa ao Congreso de Arras, para retratar aos participantes. Durante a súa estadía, realiza o "Retrato do Cardeal Niccolò Albergati".

En 1436, conclúe as obras "Virxe do cóengo Van der Paele" e "Retrato de Jan de Leeuw".

No ano 1437, remata o "Tríptico de Dresde".

Entre 1438 e 1439 conclúe o "Retrato do Cardeal Niccolò Albergati" e a "virxe da Fonte.

Influído por Claus Sluter e os irmáns Limbourg, desenvolveu a súa actividade artística en Bruxas. Na súa obra mestura o tema relixioso cos retratos, no primeiro tipo de obras o ambiente é palaciano mentres que no segundo teñen un carácter máis burgués.

Van Eyck trata a luz e o espazo de forma unitaria, ligando obxectos e figuras nunha atmosfera real e continua. Perfecciou a pintura ó óleo, usando aceites de liñaza e de noz, que secaban axiña, o que lle permitiu aplicar capas superpostas de pintura co que consegue crear efectos de transparencia espectaculares polo seu realismo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]