James Donaldson
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de agosto de 1957 (67 anos) Heacham, Reino Unido (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Washington Luther Burbank High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 218 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 125 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1979 - 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
James Lee Donaldson III, nado en Heacham o 16 de agosto de 1957, é un ex xogador de baloncesto inglés, aínda que criado en California, que xogou durante catorce tempadas na NBA, xogando tamén na HEBA, a LEGA e na Liga ACB. Con 2,18 metros de estatura, xogaba na posición de pivote. Foi en 2009 candidato á alcaldía de Seattle e é xunto a Gary Payton un dos impulsores para a volta á NBA dos Seattle SuperSonics.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou durante 4 tempadas cos Cougars da Universidade de Washington State, onde conseguiu os récords aínda vixentes de máis tapóns nun partido, con 8 ante Gonzaga en 1978, e máis tapóns nunha carreira, con 178.[2]
Foi elixido na cuarta rolda do Draft da NBA de 1979, no posto total 73, por Seattle SuperSonics, pero vaise a xogar á liga italiana. Ao ano seguinte incorpórase á disciplina dos Sonics, cos que xoga tres tempadas, antes de ser traspasado a San Diego Clippers. Ao ano seguinte é o equipo o que se traslada de cidade, fixando a súa residencia nos Ánxeles, e alí logrou encabezar a lista de mellor porcentaxe de acerto da liga, cun 63,7 %. Na tempada 1985-86 é de novo traspasado, esta vez a Dallas Mavericks, onde xogou seis tempadas, as máis produtivas da súa carreira. En 1991 é traspasado aos New York Knicks, pero é cortado tras catorce partidos. Asina entón con Utah Jazz, pero só disputa seis partidos no equipo no Salt Lake City.
Decide entón regresar a Europa, concretamente ao Iraklis Thessaloniki da liga grega. Ao ano seguinte asina con Philadelphia 76ers como axente libre, pero non chega a debutar, regresando de novo aos Jazz. Ao ano seguinte firma polo Caja San Fernando da Liga ACB, e nas súas dúas últimas tempadas como profesional, roldando xa os 40 anos de idade, xoga no Snai Montecatini italiano, o Breogán de Lugo e de novo no Iraklis BC grego.[3] Tras catorce tempadas na NBA fixo 8,6 puntos e 7,8 rebotes por partido.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Montanini Siena (1979–1980)
- Seattle SuperSonics (1980–1983)
- San Diego Clippers (1983–1984)
- Los Angeles Clippers (1984–1985)
- Dallas Mavericks (1985–1992)
- New York Knicks (1992)
- Utah Jazz (1993)
- Iraklis Thessaloniki (1993-1994)
- Philadelphia 76ers (1994)
- Utah Jazz (1995)
- Caja San Fernando (1996-1997)
- Snai Montecatini (1997)
- Breogán Universidade (1998)
- Olympia Larissa (1998-1999)
- Breogán Universidade (1999)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gary Payton e un ex ACB queren devolver a NBA a Seattle
- ↑ "Cougars Will Induct Nine Into Hall of Fame Sept. 8" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de abril de 2014. Consultado o 18 de maio de 2010.
- ↑ Ficha de James Donaldson
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en acb.com (en castelán)
- Ficha en nba.com/historical (en inglés)
- Estatísticas de Donaldson na NBA Arquivado 30 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en Norfolk
- Nados en 1957
- Xogadores de baloncesto de Inglaterra
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores do Mens Sana Basket
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos San Diego Clippers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores do Iraklis Thessaloniki BC
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán