James Clark Ross
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1800 Finsbury Square (en) |
Morte | 3 de abril de 1862 (61 anos) Aylesbury |
Lugar de sepultura | Aston Abbotts (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña (–1801) Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | explorador , oficial da armada , naturalista , botánico |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Rango militar | Rear-Admiral of the Red (en) (1861–) captain (en) (1834–) comandante (1827–) lieutenant (en) (1822–) |
Comandante de (OBSOLETO) | HMS Terror (pt) e HMS Erebus (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Abreviación dun autor en botánica | J.C.Ross |
Familia | |
Cónxuxe | Anne Coulman (1843–) |
Fillos | James Coulman Ross (en) |
Pais | George Ross (en) e Christian Clark (en) |
Parentes | John Ross (tío) |
Premios
| |
James Clark Ross, nado en Londres o 15 de abril de 1800 e finado en Aylesbury o 3 de abril de 1862, foi un oficial naval e explorador británico. Explorou o Ártico xunto co seu tío John Ross e William Parry, e máis tarde dirixiu as súas propias expedicións á Antártida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Londres e en 1812 entrou na mariña real británica, coa que participou nas guerras napoleónicas. Integrou a expedición do seu tío, John Ross, na procura do Paso do Noroeste en 1818. Entre 1819 e 1827 participou en catro expedicións árticas con William Parry, e entre 1829 e 1833 serviu de novo co seu tío na expedición na que se localizou a posición do Polo Norte Magnético o 1 de xuño de 1831.
Capitán dende 1834, entre 1835 e 1838 participou nas investigacións magnéticas en Gran Bretaña. Entre 1839 e 1843 dirixiu a expedición antártica do HMS Erebus e do HMS Terror que cartografaron boa parte da liña de costa do continente. En 1841 descubriu o Mar de Ross, Terra Vitoria e os volcáns Monte Erebus e Monte Terror.
En 1847 publicou as experiencias da súa expedición co título de A Voyage of Discovery and Research to Southern and Antarctic Regions.