Jaime Gómez Márquez
Nome orixinal | Jaime José Gómez Márquez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xuño de 1957 A Coruña |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Licenciado e doutor en Bioloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Catedrático de Bioquímica e Bioloxía molecular da USC |
Empregador | USC |
Jaime José Gómez Márquez, nado na Coruña o 1 de xuño de 1957,[1][2] é un biólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os estudos da licenciatura en Bioloxía na Facultade desta disciplina da Universidade de Santiago de Compostela, alcanzando o título de doutor na mesma Universidade en 1981, coa tese Biología molecular de la timosina: biosíntesis de la timosina a1 a partir de su precursor.[1]
Desde 1981 a 1984 foi Visiting Fellow (profesor visitante) no National Institutes of Health de Bethesda, Maryland, USA,[2][3] onde traballou en dous programas de investigación, un deles sobre Herpesvirus e oncoxenes.[1]
En 1984 regresou a Compostela, e desde ese ano até a actualidade, é catedrático de Bioquímica e Bioloxía molecular da Universidade de Santiago de Compostela.[2][3], onde imparte as materias de Bioquímica e Bioenxeñaría.[4]
O doutor Gómez Márquez é un experto na bioloxía molecular das timosinas e nos microsatélites do xenoma humano.[2]
Foi secretario e vicedecano da Facultade de Bioloxía da USC e, durante máis de 7 anos, decano da mesma. Ademais, foi durante 6 anos o Coordinador de Bioloxía en Galicia para as PAAU (Probas de Acceso á Universidade).[2]
Como investigador, as súas principais liñas de investigación son a bioloxía molecular das timosinas (protimosina a e timosina ß4) e os microsatélites do xenoma humano (recombinación xenética, G-quadruplex, evolución molecular). Foi o investigador principal de proxectos financiados por diferentes Ministerios, e pola Xunta de Galicia.[2]
Publicou numerosos artigos científicos en prestixiosas revistas. E dirixiu máis dunha ducia de teses de doutoramento.[2]
O doutor Gómez Márquez foi un dos coordinadores do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.[5] sendo, ademais, o impulsor da elaboración de dita obra.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Silverio Cañada, ed. 1991, pp. 34-35.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Jaime Gómez Márquez en El Correo Gallego, 11 de abril de 2010.
- ↑ 3,0 3,1 Jaime Gómez Márquez[Ligazón morta] en Linkedin.
- ↑ Profesor Gómez Márquez, Jaime José. USC. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, área de Bioquímica e Bioloxía molecular.
- ↑ Dicionario de bioloxía: galego - castelán - inglés na páxima web da RAG,
- ↑ "Presentouse na USC o Dicionario de Bioloxía: galego-inglés-castelán" Arquivado 11 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. USC. Xornal da USC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Silverio Cañada, ed. (1991): Gran Enciclopedia Gallega. Tomo 32. ISBN 84-7286-318-2.