Isabel Feodorovna Romanova
Aparencia
Isabel Feodorovna Romanova (ruso: Елизавета Фёдоровна Рома́нова, Elizaveta Feodorovna Romanova), nada en Darmstadt o 1 de novembro de 1864 e finada en Alapaevsk, 18 de xullo de 1918, foi gran duquesa de Rusia, relixiosa e santa da Igrexa ortodoxa rusa. Foi neta da raíña Vitoria do Reino Unido. Ao casar co gran duque Sergei Aleksandrovich converteuse á Igrexa ortodoxa rusa. No ano 2000 foi canonizada como santa mártir xunto con algúns membros da familia Romanov executados polos bolxeviques durante a Revolución de Outubro. Foi filla do gran duque Luís IV de Hesse-Darmstadt e de Alicia do Reino Unido e irmá da última emperatriz de Rusia, Alexandra Feodorovna Romanova.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Feodorovna Romanova |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |