Saltar ao contido

Interlingua (lingua artificial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Existe outra lingua ás veces coñecida como interlingua, é o latino sine flexione.
Interlingua
Creado por: International Auxiliary Language Association1951
Emprego e uso: Linguaxe auxiliar internacional
Total de falantes: descoñecido
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Linguaxe auxiliar internacional
  Interlingua
Categoria (fontes): linguas románicas, xermánicas, e eslavas.
Status oficial
Lingua oficial de: ningún país
Códigos de lingua
ISO 639-1: ia
ISO 639-2: ina
ISO 639-3: ina
SIL: INA
Mapa
Status

Interlingua é unha lingua artificial auxiliar desenvolvida entre 1937 e 1951 pola International Auxiliary Language Association (IALA)[1]. Encóntrase entre as linguas auxiliares artificiais máis utilizadas e é a lingua artificial naturalista máis empregada. Nas linguas artificiais naturalistas o vocabulario, a gramática e a fonética derivan do das linguas naturais, en vez de seren concibidos de forma autónoma[2]. No caso de interlingua as linguas fonte ou "de control" son o portugués, o castelán, o francés, o italiano e o inglés, sendo tamén o latín un referente importante, así como outras linguas romances, o ruso ou o alemán de xeito máis ocasional[3]. Interlingua trata de ser, en esencia, o "factor común" entre as linguas europeas.

A gramática e o vocabulario da interlingua foron completados no 1951. Alexander Gode foi un dos primeiros iniciadores deste esforzo; publicou unha gramática detallada, un dicionario interlingua-inglés e un libro introdutorio, titulado en Interlingua: Interlingua a prime Vista.

Interlingua ten seguidores nos EEUU, nos Países Baixos, en Rusia e particularmente en Suecia. Existen algunhas páxinas web en interlingua e un boletín mensual.

Agora interlingua tende a substituír o seu vocabulario tomado do latín clásico na versión orixinal de Gode polo vocabulario románico. Por exemplo, emer (comprar) vese substituído por comprar.

Artigo principal: Historia da interlingua.

Despois da primeira guerra mundial houbo un interese crecente pola idea dunha lingua auxiliar internacional. Moitos lingüistas, intérpretes e científicos interesáronse polo desenvolvemento dunha linguaxe auxiliar óptima. Co seu apoio, a Asociación Internacional de Linguas Auxiliares (IALA) formouse en 1924 co financiamento de Alice Vanderbilt Morris para estudar esta cuestión. Finalmente, tras non conseguir compromisos entre as linguas auxiliares existentes, a IALA decidiu crear a súa propia linguaxe auxiliar utilizando principios científicos. A idea non era inventar unha lingua auxiliar senón extraer o seu vocabulario das palabras internacionais comúns entre as principais linguas europeas e estandarizala. Como se dixo "Non fai falta inventar unha linguaxe auxiliar. O que fai falta é só extraela".

A investigación sobre o desenvolvemento comezou en 1936 en Liverpool, Inglaterra, pero ante a ameaza de guerra, a IALA trasladou a súa operación de investigación a Nova York en 1939 baixo a dirección de Ezra Clark Stillman.

Nese ano reuniu un equipo de lingüistas para levar a cabo a tarefa. En 1934 Ezra Clark Stillman e o seu asistente o doutor Alexander Gode remataron o manual de Normalización interlingüística que describía o seu concepto de como extraer palabras das linguas que consideraban que contiñan a maior concentración de palabras: inglés, francés, italiano e español. (estes dous últimos agrupados nunha única lingua).

O traballo continuou durante a Segunda guerra mundial pero Stillman deixou a IALA en 1943 para servir ao goberno dos Estados Unidos. Gode ​​converteuse no director da investigación. En 1945, un Informe Xeral da IALA informou de que o equipo producira un vocabulario de máis de 20.000 palabras internacionais.

  1. "Le historia antenatal de interlingua". Historia de interlingua. Arquivado dende o orixinal o 11/12/2019. Consultado o 01/04/2022. 
  2. Müller, Peter O.; Ohnheiser, Ingeborg; Olsen, Susan; Rainer, Franz (2015). Word-Formation: An International Handbook of the Languages of Europe 3. De Gruyter Mouton. pp. 2210–2225. 
  3. "Linguas fonte o de controlo". Union Mundial pro Interlingua. Consultado o 01/04/2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]