Igrexa de San Miguel de Eiré
Igrexa de San Miguel de Eiré | |
---|---|
Vista do conxunto. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Virxen María |
Localización | Eiré (Pantón) |
Coordenadas | 42°31′06″N 7°38′53″O / 42.518288, -7.648131 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Lugo |
Arquitectura | |
Construción | século XVI |
Estilo | románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa de San Miguel de Eiré, tamén chamado Mosteiro de Eiré, é unha igrexa románica de orixe monástica e un dos mellores exemplos conservados en Galicia de arquitectura románica. Está situada no lugar do Mosteiro na parroquia de Eiré, no concello lucense de Pantón.
Historia
[editar | editar a fonte]Adoitase situar a súa fundación como mosteiro de monxas de San Bieito nos primeiros anos do século XII, e da primeira metade deste século data a igrexa. Porén conserva elementos arquitectónicos anteriores que puideron ser reaproveitados de anteriores construcións.
Respecto a esta igrexa existen numerosas lendas. Unha delas é sobre o motivo do seu abandono por parte das monxas que o habitaban, existen unha historia entre as xentes do lugar onde se atopa que conta que a igrexa de San Miguel de Eiré foi invadida por formigas e por este motivo tiveron que deixar a igrexa. Outra lenda sobre este templo pantonés é sobre a onde foron as monxas trala invasións do mosteiro por formigas. E conta que tras irse de alí foron a veciña aldea de Pedragude, monte arriba, onde as tristes relixiosas observaban o seu templo dende o penedo alcumado "A Pena da Monxa".
Descrición
[editar | editar a fonte]De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cobre con bóveda. Na cabeceira a ábsida semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do século XVI. A porta norte decórase cun Agnus Dei con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ábsida.
-
Ábsida.
-
Porta.
-
Fiestra prerrománica no interior da igrexa.
-
Detalle dos canzorros.
-
Detalle do recinto amurallado.
-
Vista xeral do mosteiro.
-
Parte traseira do templo.
-
Detalle da fiestra lateral.
-
Detalle da porta de entrada.
-
Detalle escultórico da porta de entrada.
-
Detalle escultórico da porta de entrada.
-
Detalle da columna da porta de entrada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Miguel de Eiré |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eiré" (PDF). Románico Digital (en castelán). Aguilar de Campoo: Fundación Santa María la Real. pp. 481–491.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- San Miguel de Eiré na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Igrexa Monacal de San Miguel de Eiré en Turgalicia.