Huecco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1974 (50 anos) Plasencia, España |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, cantante |
Instrumento | Voz |
Páxina web | huecco.es |
Huecco, nado en Plasencia en 1974 é un cantante español, exmembro de Sugarless. Durante esa etapa era coñecido coma Ivanh.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con Sugarless gravou tres discos: Asegúramelo, Más gas e Vértigo. Deste último vendéronse 20.000 copias en España. Coa banda realizou unha chea de concertos por toda a xeografía española, así coma en Latinoamérica. Compartiu escenario con bandas como Slipknot. Tralo abandono do grupo que o deu a coñecer, no 2006 edita un disco que leva por título o seu nome. Participou no Viña Rock 2007. O seu segundo disco titulado Assalto saíu a venda a finais de abril do 2008.
Huecco é un cantante que fusiona e mestura gran cantidade de xéneros e estilos musicais. Nas súas cancións aprécianse toques e influencias que van dende o rock ata a rumba, pasando polo pop, mambo, reggaeton, ska ou hip hop. Tamén é coñecido por crear o rumbatón.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Huecco, o seu primeiro disco, coñeceuse a voz de Sugarless en solitario. Este álbum viu a luz , principalmente, en países de fala hispana aínda que tamén se vendeu nos EUA, o Brasil ou Portugal. É o resumo das influencias que foi recompilando nas súas viaxes durante anos para combinalas cás súas raíces españolas.
Para o seu segundo disco, gravado nos Ánxeles baixo a tutela de Thomas Russo, o artista inspirouse en xéneros tan diferentes coma o flamenco ou a chason francesa.
Discos
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]Huecco
- "Pa' mi guerrera"
- "Tacones baratos"
- "Idiota"
Assalto
- "La Reina de los Angelotes"
- "Mirando al cielo"
- "Se acabaron las lágrimas"
Dame Vida
- "Dame vida"
- "Amar en tiempos violentos"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [1] Web oficial de Huecco