Holismo
Holismo (grego holos, todo) é a idea de que as propiedades dun sistema, xa sexa biolóxico, químico ou calquera outro, non poden ser determinadas nin explicadas só en base á suma dos seus compoñentes, senón que o sistema posúe propiedades emerxentes, propias, que o fan comportarse dun xeito distinto da suma das súas partes.
A palabra foi acuñada por Jan Smuts, primeiro ministro da Suráfrica, no seu libro de 1926, Holism and Evolution, que así a definiu: "A tendencia da Natureza a formar, a través de evolución creativa, "todos" que son maiores do que a suma das súas partes". A palabra provén do grego holos, "totalidade".
É tamén chamado non reducionismo, por ser o oposto do reducionismo, implica unha visión sistémica. Podería verse tamén como o oposto do atomismo ou inclusive do materialismo. Ve o mundo como un todo integrado, como un organismo.
Aínda que ao longo da Historia se teña expresado por diversos pensadores, dunha forma ou doutra, o principio do holismo, o primeiro filósofo que o instituíu para a ciencia foi o francés Augusto Comte (1798-1857), ao afirmar a importancia do espírito de conxunto (ou de síntese) sobre o espírito de detalles (ou de análise) para unha comprensión adecuada da ciencia en si e do seu valor para o conxunto da existencia humana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |