Historias de Oregón
Historias de Oregón | |
---|---|
Título orixinal | Historias de Oregón |
Autor/a | Diego Ameixeiras |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | novembro de 2011 |
Formato | 14,7 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 104 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-312-5 |
Precedido por | Asasinato no Consello Nacional |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historias de Oregón é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en novembro de 2011 logo de que gañase ese verán o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A trama relaciona diversos personaxes da vila de Oregón, heterónimo literario de Ourense. A acción discorre nun verán de forte calor.
Aurora P.G. é unha muller que sofre os maltratos do seu home. Unha enfermeira que coñece a través da doazón de sangue intenta animala para que faga tai chi. Cae no cristianismo e confesa a un sacerdote que lle atrae a idea do suicidio, mais mata o seu home, Andrés Carracedo Sánchez, cun coitelo.
Diana Maroto é unha rapaza de São Paulo de 20 anos que ten unha filla alá e exerce a prostitución en Oregón. É asasinada por un home, e logo de que o seu corpo apareza a tres quilómetros da ponte do Bibei, Eusebio R.S. acaba confesando o crime.
Camélia V.P. é unha prostituta portuguesa, que unha vez ao mes se cita cun construtor de sona nun motel á beira da estrada de Santiago de Compostela, a 10 km da vila. Nunha das citas róuballe a carteira con bastantes cartos. Dá estes cartos á nai de Diana, xunto con outros recadados por emigrantes da vila, para que llos dea á súa neta.
Rafael B.D. está namorado da doutora Carme Méndez T., mais esta non quere seguir con el. Autolesiónase e contrata os servizos de Camélia.
Mateo G.L. é un peón forestal. Ten algún negocio escuro con Gumersindo E.V., quen matou a Anselmo Vázquez Prada, un construtor que lle tiña que dar uns cartos. Carlos A.N. é amigo de Mateo e irmán de Rosa A.N., á súa vez muller do construtor.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra está narrada en terceira persoa cun narrador omnisciente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha Arquivado 02 de xullo de 2012 en Wayback Machine. na web da editorial.