Hermenexildo González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX Galicia, España |
Morte | 943 |
Conde de Portucale | |
922 – 943 ← Munio Goterrez – Muniadona Díaz → | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Muniadona Díaz |
Fillos | Gonzalo Menendiz |
Pais | Gonzalo Afonso Betote e Tareixa Eiriz |
Irmáns | Aragonta González |
Hermenexildo González, ou Hermenexildo Gundisalviz tamén coñecido como Mendo I Gonçalves ou Hermenexildo Gonçalves Betotes, nado cara 900 e finado o 24 de xullo de 950, conde de Deza, foi un aristócrata galego do reino de Galiza que gobernou o condado de Portugal. (m. c. 943-950). Foi o proxenitor dunha das liñaxes principais galaicoportugueses da Alta Idade Media.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais foron o conde de Deza Gonzalo Betotiz, ou Gonzalo Afonso Betote, e a condesa Tareixa Eriz, filla do conde Ero Fernández. Tivo varios irmáns, entre eles a raíña Aragonta, esposa do rei Ordoño II de León, así como o conde Paio González.[1][2]
Debeu falecer entre 943, ano en que aparece por última vez na documentación, e 950 cando a súa viúva e fillos reparten a súa herdanza.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou entre 915 e 920 coa condesa Mumadona Dias, filla do conde Diego Fernández (ou Diego Fredenandiz) e da condesa Onecca (Onega Garcés de Pamplona (850 -?) e bisneta de Vímara Perez, coa que tivo a Gonzalo Meendiz. En 926, o rei Ramiro II de León doou ao matrimonio a vila chamada Creixomil, próxima a Guimarães. Dous anos despois, a nai de Muniadona, Onecca, mencionando a todos os seus fillos, realizou unha doazón, confirmada por varios magnates, entre eles o seu xenro Hermenexildo, ao mosteiro de Lorvão en memoria domnissimi nostri nomini ueremudi diue memorie. Tiveron seis fillos:[3]
- Gonzalo Menendiz (m. c. 977) dux magnus de Portugal, esposo de Ilduara Páez, filla do conde Paio González e de Hermesinda Guterrez;
- Diego Menendiz (m. despois de 964), casado con Aldonza e pai da monxa Mumadona Dias.
- Ramiro Menendiz (m. denantes de 964), esposo de Adosinda Guterrez, filla do conde Gutier Menendiz e de Ilduara Eriz. Estes son posibelmente os pais da raíña Velasquita Ramírez, a primeira muller do rei Vermudo II de León.
- Onecca Menendiz, muller de Gutier Rodríguez.
- Nuño Menendiz (m. c. 959).
- Arias Menendiz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salazar y Acha 1989, p. 69.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 292.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 295.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Álvarez, Manuel Rubén (1960). «¿La Reina Velasquita, nieta de Muniadomna Díaz?» (en castelán). Revista de Guimarães (70): 197–230.
- Salazar y Acha, Jaime de (1989). «Los descendientes del conde Ero Fernández, fundador de Monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares» (en castelán). El Museo de Pontevedra (43): 67–86. ISSN 0210-7791.
- SÃO PAYO, Luiz de Mello Vaz de. A Herança Genética de D. Afonso Henriques. Porto, Universidade Moderna, 2002. p. 289.
- Torres Sevilla y Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII (en castelán). Salamanca: Xunta de Castela e León. ISBN 84-7846-781-5.
Hermenexildo González Nacemento: ? Falecemento: ?
| ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Lucidio Vimaranis
|
Conde de Portucale 926 – 950 |
Sucedido por Gonzalo Menendiz |