Heliobacteriáceas
Heliobacteriáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros[1] | |||||||||||
Candidatus Helioclostridium♠ |
As heliobacteriáceas ou Heliobacteriaceae, tamén chamadas heliobacterias (do grego helios, sol) son unha familia de bacterias fotosintéticas que non desprenden oxíxeno durante a a súa fotosíntese (fotosíntese anoxixénica), xa que só teñen o fotosistema I. Nisto diferéncianse do tipo de fotosíntese realizado polas plantas ou as cianobacterias, que usan dous fotosistemas e desprenden oxíxeno. O principal pigmento que utilizan as heliobacterias para a absorción da enerxía da luz é a bacterioclorofila g, que é exclusiva deste grupo e ten un espectro de absorción característico peculiar, o que fai que as heliobacterias ocupen un nicho propio. Os pigmentos están situados na membrana plasmática, que non forma pregamentos cara ao interior da célula nin compartimentos como nas bacterias púrpuras. Aínda que as heliobacterias son fotótrofas, poden crecer tamén sen luz facendo a fermentación do piruvato. Comprende catro xéneros con forma de bacilo.
As árbores filoxenéticas de ARNr sitúan as heliobacterias entre as Firmicutes. Non teñen membrana externa, e forman endósporas de resistencia, que conteñen altos niveis de calcio e ácido dipicolínico. As heliobacterias son as únicas Firmicutes que poden facer a fotosíntese.
As heliobacterias son fotoheterótrofas, xa que requiren fontes de carbono orgánicas, e son exclusivamente anaeróbicas. As heliobacterias ata o momento só foron atopadas en solos, e están aparentemente moi estendidas nos solos asolagados dos campos de arroz. Son ávidos fixadores de nitróxeno e, por tanto, son importantes para a fertilidade dos campos de arroz.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]As heliobacterias non deben ser confundidas coas Helicobacter, que teñen un nome parecido, pero que pertencen a outro filo de bacterias.
Familia Heliobacteriaceae[2][3]
- Candidatus Helioclostridium♠ Girija et al. 2006
- Candidatus Helioclostridium ananthapuram♠ Girija et al. 2006
- Heliorestis Bryantseva et al. 2000
- H. baculata Bryantseva et al. 2001
- H. convoluta♠ Asao et al. 2005
- H. daurensis Bryantseva et al. 2000
- Heliophilum Ormerod et al. 1996
- Heliophilum fasciatum Ormerod et al. 1996
- Heliobacillus Beer-Romero e Gest 1998
- Candidatus H. elongatus♠ Girija et al. 2006
- H. mobilis Beer-Romero e Gest 1998
- Heliobacterium Gest e Favinger 1985
- H. aridinosum♠ Girija et al. 2006
- H. chlorum Gest e Favinger 1985
- H. gestii Ormerod et al. 1996
- H. modesticaldum Kimble et al. 1996
- H. sulfidophilum Bryantseva et al. 2001
- H. undosum Bryantseva et al. 2001
Notas:
♠ Cepas que se encontran na clasificación do NCBI pero non están no Código Bacteriolóxico (1990 e subseguintes revisións) como se mostra na LPSN debido ás seguintes razóns:
• Non hai cultivos puros illados ou dispoñibles.
• Non están publicadas validamente porque só se documentou o depósito da cepa tipo nunha soa colección de cultivos recoñecida.
• Non foi aprobada ou publicada polo International Journal of Systematic Bacteriology ou o International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [Madigan M T, Martinko J M, Dunlap P V, Clark D P. (2009). Brock Biology of Microorganisms 12-th edition p. 453-454].
- ↑ See the NCBI webpage on Heliobacteriaceae Datos procedentes de "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2011-06-05.
- ↑ J.P. Euzéby. "Heliobacteriaceae". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 2011-06-11.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gest H & Favinger J L (1983) Arch Microbiol 136:11-16.
- Madigan M T (1992) In Balows et al. (eds) The Prokaryotes pp. 1981–1992 Springer New York.
- Madigan M T & Ormerod J G (1995) In Blankenship et al. (eds) Anoxygenic Photosynthetic Bacteria pp 17–30. Kluwer Academic Publishers New York.
- Ormerod J G et al. (1996) Arch Microbiol 165:226-234.
- Madigan M T, Martinko J M, Dunlap P V, Clark D P. (2009). Brock Biology of Microorganisms 12-th edition p. 453-454