Heidi (anime)
Heidi | |
---|---|
アルプスの少女ハイジ (Arupusu no Shōjo Haiji) | |
Anime Heidi | |
Dirixido por | Isao Takahata |
Estudio | Nippon Animation |
Canle televisiva | Fuji TV |
Primeira emisión | 6 de xaneiro do 1974 |
Última emisión | 29 de decembro do 1974 |
Núm. de capítulos | 52 |
Heidi (アルプスの少女ハイジ Arupusu no Shōjo Haiji?, lit. "Heidi, a nena dos Alpes") é unha serie de anime xaponesa do xénero Kodomo estreada o 6 de xaneiro do 1974, inspirada no libro homónimo da escritora suíza Johanna Spyri. A serie foi producida pola xaponesa Zuiyo Eizo, que logo pasaría a ser Nippon Animation, e a cadea alemá Zweites Deutsches Fernsehen (ZDF).
A serie de 52 episodios, estreouse en Galiza en 1975 coa dobraxe en castelán e foi emitida por Televisión Española, acadando un éxito sen precedentes entre os espazos de animación emitidos neste país. Tamén conta coa dobraxe en galego levada a cabo pola TVG.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Heidi é unha meniña de cinco anos de idade, orfa de pai e nai, é levada pola súa tía Dete ás montañas suízas a vivir co seu avó unha vez que esta cre que xa cumpriu co seu deber. Ó principio, o "Vello do Alpes", como é coñecido nas aldeas veciñas, non está moi polo labor de ter que coidar da nena. Porén, a inefable tenrura e alegría da súa neta, fai que ós poucos vaia mudando de carácter, non só con ela senón que tamñén co resto da veciñanza.
Heidi descubriu unha encantadora vida nas montañas e non desexa liscar. Axiña fai amizade cun pastorciño chamado Pedro, e xuntos toman agradables paseos nas montañas coas cabras. Heidi rapidamente gaña o cariño de todos, mesmo da avoa de Pedro, unha anciá débil e cega. Desgraciadamente, unha gran tristura aféctaos a todos o día en que Dete retorna para levar a Heidi canda ela, xa que asegura ter atppado un bo traballo na cidade de Frankfurt (Alemaña) e alá Heidi servirá como compañeira para Clara Sesemann, a filla do señor Sesemann. Na cidade, Heidi descobre que Clara está enferma e non pode camiñar, dependendo dunha cadeira de rodas para se poder mover, alén diso, decatarase que é unha nena de moi bo corazón, pronto farán unha grande amizade. Neste novo fogar Heidi terá que soportar á estrita Señorita Rottenmeier, con quen nunca logrará levarse ben. Cando Heidi volte por fin onda seu avó e os seus amigos nas montañas dos Alpes, recibirá a visita de Clara e maila súa avoa, e aló, nas montañas, realizarase un milagre que será unha grande alegría para todos.
Episodios
[editar | editar a fonte]Lista de episodios
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de episodios de Heidi.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- =TOP=トップページ of アルプスの少女ハイジ公式ホームページ Páxina oficial (en xaponés).
- Heidi na IMDb (en inglés).
- Anime News Network - Alps no Shōjo Heidi (TV) Perfil da serie en animenewsnetwork.com (en inglés).