Halimium
Halimium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Halimium lasianthum | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Halimium é un xénero de plantas fanerógamas da orde das malvales e familia das cistáceas.
Comprende 12 especies de subarbustos de folla perenne ou semiperenne estreitamente emparentadas coas do xénero Cistus.
Son orixinarias de Europa, norte de África e Asia Menor, cun centro de diversidade na rexión do Mediterráneo. occidental.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat. Bot. ser. 2, 6: 365.[1]
Especies seleccionadas
[editar | editar a fonte]- Halimium alyssoides
- Halimium atriplicifolium
- Halimium calycinum (sin. H. commutatum)[2]
- Halimium halimifolium
- Halimium lasianthum
- Halimium ocymoides
- Halimium umbellatum
- Halimium verticillatum
- Halimium viscosum
Características
[editar | editar a fonte]As follas son opostas, simples, ovaladas, de 1 a 5 cm de longo e de 0,5 a 2 cm de largo, que varían de verde brillante a verde gris tomentoso. As flores miden 1,5-4 cm de diámetro, teñen cinco pétalos, brancos ou amarelos; nalgunhas especies as flores son bicolores, cunha mancha basal vermella ou parda escura en cada pétalo para actuaren como guía para o néctar para os insectos polinizadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Halimium (Dunal) Spach no GBIF. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Halimium calycinum (L) K.Koch". The Plant List. Royal Botanic Gardens, Kew and Missouri Botanical Garden. Consultado o 13 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Halimium |