Saltar ao contido

Guerolito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guerolito
Álbum de remesturas de Beck
Edición13 de decembro do 2005
Gravaciónsetembro do 2003 - agosto do 2004
Duración54:10
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Interscope
Producido porBeck Hansen, The Dust Brothers
Cronoloxía
Guero Guerolito The Information

Guerolito é o primeiro álbum de remesturas do artista estadounidense Beck, editado o 13 de decembro do 2005. Está formado por todas as cancións do álbum Guero remesturadas por distintos artistas, e conta ademais co tema "Clap Hands", que aparecía na edición especial limitada de Guero.

Guerolito acadou o número 191 nas lastas da Billboard e en xullo do ano 2008 levaba vendidas 76.000 copias nos Estados Unidos.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas foron escritos por Beck Hansen e The Dust Brothers, agás onde se indique.

  1. "Ghost Range" (Hansen, Dust Brothers, Beastie Boys) – 4:24
    • "E-Pro" remesturada por Homelife
  2. "Qué Onda Guero" – 2:29
    • remesturada pola banda Islands
  3. "Girl" – 3:53
    • remesturada por Octet
  4. "Heaven Hammer" (Hansen, Dust Brothers, Marcos Vinicius de Moraes, Carlos Eduardo Lyra) – 4:54
    • "Missing" remesturada por Air
  5. "Shake Shake Tambourine" (Hansen, Dust Brothers, Eugene Blacknell) – 3:37
    • "Black Tambourine" remesturada por Ad-Rock
  6. "Terremoto Tempo" (Hansen, Dust Brothers, Mark Adams, Steve Washington, Daniel Webster, Mark Hicks) – 3:47
    • "Earthquake Weather" remesturada por Mario C
  7. "Ghettochip Malfunction" – 2:39
    • "Hell Yes" remesturada por 8-Bit
  8. "Broken Drum" (Hansen) – 5:36
    • remesturada por Boards of Canada
  9. "Scarecrow" – 4:37
    • remesturada por El-P
  10. "Wish Coin" (Hansen, Dust Brothers, Jack White) – 3:44
    • "Go It Alone" remesturada por Diplo
  11. "Farewell Ride" (Hansen) – 4:51
    • remesturada por Subtle
  12. "Rental Car" – 2:59
    • remesturada por John King
  13. "Emergency Exit" – 3:18
    • remesturada por Th' Corn Gangg
  14. "Clap Hands" – 3:19