Saltar ao contido

Grella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grella a facer churrasco galego.

Unha grella[1] é unha estrutura de variñas metálicas paralelas que serve para cociñar sobre as brasas, principalmente carne ou peixe[2].

Atópase a unha distancia prudencial do lume ou das brasas. Os alimentos reciben calor amodo, e unha vez que as carnes están prontas, achégase un pouco máis a grella á calor e así se consegue que a parte externa das carnes se tornen dunha cor máis dourada, dándolle unha mellor presentación, ademais de ficar crocante e eliminar posíbeis graxas residuais da carne. A carne arranxada sobre grellas é especialmente típica nas gastronomías española (moi salientábel en Galicia), portuguesa, estadounidense, arxentina, boliviana, chilena, uruguaia, peruana, paraguaia e venezolana, mais especialmente na arxentina.

No Río da Prata, dada o estendido costume de comer carne asada con gran frecuencia, é común que o patio traseiro das vivendas teña unha barbacoa ou churrasqueira feita en ladrillo e con cheminea, na que se fai lume de leña e se cociña o asado a pouco lume. Tamén é común en Galicia ter unha lareira ou churrasqueira exterior nun alpendre para facer churrascos na grella: carnes, costelas, chourizos crioulos ou peixes (sardiñas, bacallau...) e hoxe en día pola influencia anglosaxoa: salchichas e hamburguesas.

Grellada típica americana de hamburguesas e mazarocas de millo nunha churrasqueira a carbón.

Disque a grella foi desenvolvida cando ao colocar un valo que arrodeaba un fastuoso château (castelo), errou no cálculo. O barón dono da propiedade se negara a pagar ao fabricante o ferro sobrante e, en vinganza, o ferreiro utilizou a reixa sobrante coma soporte para asar carne fronte o castelo. O recendo aloucou ao até que accedeu a desembolsar os dous ducados que debía, polo que obtivo a reixa-grella en pugna.[Cómpre referencia]

Contra finais do século XIX, nos arrabaldes do Río da Prata, empregábanse reixas de ferro forxado para tensar os coiros mentres enxugaban. Atribúeselles aos gauchos daquela o uso desta ferramenta para asar as carnes que sobraban dos animais faenados.

Despois dunha lei de amnistía ditada en 1832 no Uruguai, milleiros de presos comúns e prisioneiros políticos viron novamente a luz. No cárcere de Colonia del Sacramento o festexo desembocou en escándalo cando se comezou a destruír o cárcere. En poucas horas, unha banda de ladróns amnistiados roubou gado vacún dos veciños da zona. Un convicto arrincou a porta da súa propia cela e improvisou a primeira grella moderna, cuxos resultados compartiron liberados, policías e transeúntes.[3]

  1. Nome galego en Portal das Palabras para o utensilio
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. "El ABC de las Parrilladas" Parrilladas.com México. Consultado o 18 de maio de 2010 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]