Saltar ao contido

Gran Premio de Azerbaidján de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Azerbaidján de 2017
Imaxe
Nome oficial2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Azerbaidján Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento51 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Bakú (Bakú) 40°22′N 49°51′L / 40.37, 49.85 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude6,003 km Editar o valor en Wikidata
PaísAzerbaidján Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo23 de xuño de 2017 – 25 de xuño de 2017 Editar o valor en Wikidata
Data25 de xuño de 2017 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDaniel Ricciardo Editar o valor en Wikidata
Pole positionLewis Hamilton (01:40,593) Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaSebastian Vettel (01:43,441) Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Azerbaidján de 2017 (oficialmente 2017 Formula One Azerbaijan Grand Prix) foi a oitava carreira da tempada 2017[1]. Celebrouse o 25 de xuño de 2017 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Azerbaidján. Foi a primeira carreira do Gran Premio de Azerbaidján como unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Será a segunda vez que unha carreira dispútase no circuíto e a segunda vez que un Gran Premio dispútase en Azerbaidján, xa que o circuíto e o país albergaron anteriormente o Gran Premio de Europa de 2016.[2]

Sebastian Vettel entra na rolda cunha vantaxe de doce puntos sobre o Mercedes de Lewis Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos, mentres que Mercedes lidera sobre Ferrari por oito puntos no Campionato Mundial de Construtores.

Práctica libre

[editar | editar a fonte]

Max Verstappen foi máis rápido na primeira práctica, establecendo un tempo de 1.44:410. Foi seguido polo seu compañeiro Daniel Ricciardo e o Ferrari de Sebastian Vettel en segundo e terceiro lugar.[3] Na segunda práctica o Red Bull de Max Verstappen foi o máis rápido seguido por Bottas e Ricciardo.[4] A terceira e última práctica do sábado foi encabeezada por Bottas, con Raikkonen segundo e Hamilton terceiro.[5] Bottas set the quickest time of all three practices with a 1.42.742.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta en Q1 debido a un incendio durante a práctica 3.

Na Q3, Lewis Hamilton conseguiu a pole position cun 1:40.593, 0.434 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo Bottas en segundo lugar, e 1.100 segundos máis rápido que Kimi Räikkönen no terceiro. Lance Stroll cualificou por diante do seu compañeiro de equipo, Felipe Massa, por primeira vez na tempada. Daniel Ricciardo golpeou a parede e comezou décimo.

Hamilton liderou sobre Vettel ata que saíu o primeiro coche de seguridade na volta 13 para quitar o Toro Rosso parado de Daniil Kvyat. Na volta 16, reanudouse a carreira pero saíu outro Safety Car logo de que os Force India de Ocon e Pérez chocaran no reinicio e deixaran restos na pista.

Baixo o segundo Safety Car, Hamilton queixouse repetidamente de que andaba demasiado amodo. Vettel chocou con Hamilton baixo o Safety Car e máis tarde recibiu unha penalización de 10 segundos por condución perigosa. A carreira reiniciouse na volta 21, só para sacar a bandeira vermella na volta 22 para que os comisarios puideran sacar máis restos.

Durante o período da bandeira vermella, os equipos traballaron nos seus autos, Force India substituíu os pneumáticos de Ocon e a á dianteira de Pérez. Ferrari substituíu a dianteira de Vettel e arranxou o piso de Kimi Räikkönen. Mercedes traballou no difusor traseiro de Hamilton.

Logo da bandeira vermella, a carreira reiniciouse detrás do coche de seguridade. Hamilton lideraba diante de Vettel, Massa, Stroll, e Ricciardo. Ricciardo pasou os dous Williams na curva 1 e colocouse no terceiro lugar ata que Hamilton tivo que entrar en boxes de novo para cambiar o repousa cabezas e Vettel tivo que entrar a cumprir a súa penalización cun stop & go. Massa retirouse debido a un amortecedor da suspensión roto, Ricciardo marchaba por diante de Stroll e Bottas. Bottas pasou a Stroll na recta final ao final da última volta, superando a Stroll polo segundo lugar en 0,105 segundos. Stroll conseguiu o seu primeiro podio cun terceiro lugar. Vettel terminou cuarto, Hamilton quinto, Ocon sexto, Magnussen sétimo, Sainz oitavo, Alonso noveno (anotando os primeiros puntos de McLaren da tempada) e Wehrlein décimo.

Como resultado da carreira, Vettel aumentou a súa vantaxe sobre Hamilton no Campionato Mundial de Pilotos a 14 puntos, mentres que Mercedes aumentou a súa vantaxe sobre Ferrari no Campionato Mundial de Construtores a 24 puntos.

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:41.983 1:41.275 1:40.593 1
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:43.026 1:41.502 1:41.027 2
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:42.678 1:42.090 1:41.693 3
4 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:42.952 1:41.911 1:41.841 4
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:42.544 1:41.961 1:41.879 5
6 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:43.162 1:42.467 1:42.111 6
7 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:43.051 1:42.751 1:42.186 7
8 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1:43.613 1:42.284 1:42.753 8
9 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:43.165 1:42.735 1:42.798 9
10 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:42.857 1:42.215 1:43.414 10
11 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1:42.927 1:43.186 11
12 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 1:43.489 1:43.347 15[6]
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:44.029 1:43.796 12
14 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:43.930 1:44.267 13
15 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 1:44.317 1:44.603 14
16 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:44.334 19[7]
17 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:44.468 16
18 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:44.795 17
19 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:45.030 18[7]
Tempo límite 107%: 1:49.121
NSC 30 Jolyon Palmer Renault 20[8]
Fonte:[9]

A letra grosa indica o mellor tempo de cualificación na Q1, Q2 e Q3.

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 51 2:03:55.573 10 25
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 51 +3.904 2 18
3 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 51 +4.009 8 15
4 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 51 +5.976 4 12
5 44 Lewis Hamilton Mercedes 51 +6.188 1 10
6 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 51 +30.298 7 8
7 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 51 +41.753 12 6
8 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 51 +49.400 15 4
9 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 51 +59.551 19 2
10 94 Alemaña Pascal Wehrlein Sauber-Ferrari 51 +1:29.093 14 1
11 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 51 +1:31.794 17
12 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 51 +1:32.160 18
13 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 50 +1 volta 16
14[10] 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 46 Presión auga 3
Ret 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 39 Asento 6
Ret 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 25 Suspensión 9
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 24 Accidente 13
Ret 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 12 Presión aceite 5
Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 9 Batería 11
Ret 30 Jolyon Palmer Renault 7 Unidade de potencia 20
Fonte:[11]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. "FIA Announces World Motorsports Council decisions". Fédération Internationale de l'Automobile. 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  2. "No German Grand Prix on F1 2017 calendar but Azerbaijan race is official". The Guardian. Reuters. 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 1". BBC Sport. Consultado o 10 June 2017. 
  4. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 2". 
  5. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix - Practice 3". 
  6. Carlos Sainz recibiu unha penalización de tres posicións na grella, por provocar un accidente no anterior Gran Premio.
  7. 7,0 7,1 Fernando Alonso e Stoffel Vandoorne foran penalizados respectivamente con 40 e 30 posicións na grella debido a substitución de varios compoñentes da unidade de potencia.
  8. Jolyon Palmer non puido establecer un tempo de volta na Q1, e permitíuselle correr a discreción dos comisarios.
  9. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 24 de xuño de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2017. 
  10. O piloto non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
  11. "2017 Formula 1 Azerbaijan Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 25 de xuño de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 2017
Carreira anterior:
Non houbo
Gran Premio de Azerbaidján Carreira seguinte:
Gran Premio de Azerbaidján de 2018