Gong (grupo musical)
Gong | |
---|---|
Gong en 2009 | |
Orixe | París, Francia |
Período | 1967 - 1968 1969 - 1976 1977 1990 1992 - 2001 2003 - 2006 2007 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, space rock, rock psicodélico, jazz rock |
Selo(s) discográfico(s) | BYG Actuel, Charly, Musea, Snapper, Virgin |
Membros | Fabio Golfetti Dave Sturt Ian East Kavus Torabi Cheb Nettles |
Na rede | |
planetgong.co.uk | |
Gong é unha banda francesa de rock progresivo que incorpora elementos de jazz e space rock ao seu estilo musical.[1] O grupo foi fundado en París en 1967 polo músico australiano Daevid Allen e a vocalista inglesa Gilli Smyth. Pola banda pasaron músicos como Didier Malherbe, Pip Pyle, Steve Hillage, Mike Howlett, Pierre Moerlen, Bill Laswell, Theo Travis, Don Cherry,[2] Chris Cutler, Bill Bruford, Brian Davison, Dave Stewart e Tatsuya Yoshida.
O álbum de estrea de 1970 de Gong, Magick Brother, tiña un son de pop psicodélico.[3] No ano seguinte lanzaron Camembert Electrique, cun son rock psicodélico/space rock co que se adoita a asocialos.[4] Entre 1973 e 1974, Gong lanzou os seus mellores traballos, a alegórica triloxía Radio Gnome Invisible, que describía as aventuras de Zero the Hero, Good Witch Yoni e Pot Head Pixies do Planet Gong.
En 1975 Allen e Smyth deixaron a banda, que continuou sen eles lanzando unha serie de álbums de jazz rock baixo o liderado do batería Pierre Moerlen. Esta encarnación pasaría a coñecerse ao pouco tempo como Pierre Moerlen's Gong. Mentres tanto, Smyth formou Mother Gong mentres que Allen iniciou unha serie de grupos derivados, como Planet Gong, New York Gong e Gongmaison, antes de volver a liderar Gong en 1990 ata a súa morte en 2015. Co apoio de Allen, a banda decidiu continuar, lanzando o álbum Rejoice! I'm Dead! en setembro de 2016[5] e The Universe Also Collapses en maio de 2019.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Daevid Allen's Gong
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Magick Brother | 1970 | BYG Actuel | |
Camembert Electrique | 1971 | BYG Actuel | |
Continental Circus | 1972 | Philips Records | banda sonora |
Flying Teapot | 1973 | Virgin Records | |
Angel's Egg | 1973 | Virgin Records | |
You | 1974 | Virgin Records | |
Shapeshifter | 1992 | Celluloid Records, Lightyear Entertainment | |
Zero to Infinity | 2000 | One Eyed Salmon Records, Snapper Music | |
Acid Motherhood | 2004 | Mister E | con Acid Mothers Temple |
2032 | 2009 | G-Wave | |
I See You | 2014 | Snapper Records |
Post-Daevid Allen
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Rejoice! I'm Dead! | 2016 | Madfish |
The Universe Also Collapses | 2019 | Kscope |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The silliness ran deep in Gong, but they could groove like mothers, too". the Guardian (en inglés). 2016-08-25. Consultado o 2022-12-24.
- ↑ Lucky, Jerry. Progressive Rock. Burlington, Ontario: Collector's Guide Publishing, Inc., 2000. p.61
- ↑ "Gong - Magick Brother". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-24.
- ↑ "Gong - Camembert Électrique". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-24.
- ↑ "Rejoice! I'm Dead! (Deluxe Edition), by Gong". Kscope (en inglés). Consultado o 2022-12-25.
- ↑ "The Universe Also Collapses, by Gong". Kscope (en inglés). Consultado o 2022-12-25.