Saltar ao contido

Francisco Varela Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Varela Garrido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1898 Editar o valor en Wikidata
Cerdedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGerardo Varela Figueroa Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8195

Francisco Varela Garrido, coñecido como Pancho Varela, nado en Cerdedo o 2 de abril de 1898 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Gerardo Varela Figueroa, que foi alcalde do Concello de Cerdedo na Restauración, e Peregrina Garrido. Cursou estudos de Maxisterio, e dedicouse á profesión de comercial (comisionista) no negocio de seu pai. Foi secretario da primeira directiva do Cerdedo Fútbol Club (1926). Foi membro da Sociedade de Agricultores de Cerdedo e correspondente de El Pueblo Gallego e El País. Militou primeiro no PSOE e despois en Izquierda Republicana. Foi xuíz municipal de Cerdedo (1931-1933) e secretario interino do Concello. Con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 8 de outubro con Sabino Bugallo Valiñas, Carlos González Estévez e José Torres Paz. Tras pasaren dous meses en prisión, foron postos en liberdade o 14 de decembro.[1] Foi candidato a compromisario para as eleccións do presidente da República en abril de 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado gobernativo en Cerdedo e esixiulle á Garda Civil que se puxese do lado da legalidade. Co triunfo da sublevación fuxiu ao Monte do Seixo e despois ao Carballiño, para chegar a Monleras (Salamanca), onde se refuxiou coa complicidade do seu sobriño o contratista de obras e falanxista Ramón Cachafeiro Varela. O xuíz da Estrada fixo publicar requisitorias na prensa a principios de setembro.[2] Delatado polo boticario, foi detido en Monleras o 2 de setembro de 1936. Estivo preso na Escola Normal de Pontevedra e na illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión en consello de guerra o 16 de abril de 1937, foi condenado a morte e executado o 27 de xullo de 1937.[3][4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi parella de Mercedes Cadavid Sánchez coa que tivo dous fillos, Francisco e Olga. Casou con Teresa Sanmartín Lois en 1930, coa que tivo tres fillas.

  1. Carta a Moscú dende Cerdedo.
  2. BOP A Coruña, 18-9-1936, p. 2.
  3. "Cumplimiento de Sentencia". El Diario de Pontevedra. 27/07/1939. p. 2. Consultado o 19/06/2023. 
  4. "Noticias". El Compostelano. 28/07/1937. Consultado o 19/06/2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]