Saltar ao contido

Fran Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Alonso Villaverde
Nome orixinal(gl) Fran Alonso Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, xornalismo e actividade literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, editor literario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticonovela, poesía, narrativa
Pseudónimo literarioFran Alonso Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeConcha Costas Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webfranalonso.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: escritorfranalonso Twitter: franalonso Instagram: franalonso_gal BNE: XX956631 Bitraga: 1352 AELG: 176 BUSC: alonso-francisco-1963 Editar o valor en Wikidata

Francisco Alonso Villaverde, máis coñecido como Fran Alonso, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.[2]

Presentando A cadencia da fractura de Isaac Xubín na Libraría Paz de Pontevedra o 14/12/2017

Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu poemario Balada solitaria é un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. Foi subdirector para edición xeral de Edicións Xerais (2001-2018) e o seu director desde o 20 de abril de 2018 [3]. Tamén foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores (2006-2010).[4]

Está casado con Concha Costas, expresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.

Narrativa adulta

[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Biografía

[editar | editar a fonte]
  • A vida secreta de María Mariño (2007). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fino Lorenzo. 104 páxs. ISBN 9788497825757.
  • A voz que vén da seitura (2007). Biografía da Señora Carmen, unha muller de 82 (falecida en 2014) anos integrante do grupo folk Malvela. Forma parte do libro CD/DV A flor dos meus anos.[21]
  • Folerpas de Novoneyra. Biografía e antoloxía (2010). Vigo: Edicións Xerais, Merlín. 136 páxs. ISBN 9788499141220.

Poesía adultos

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
  • O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
  • Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
  • A rota dos baleeiros, 1991, Edicións do Dragón.
  • XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado.
  • Relato contemporáneo, 1995, Edicións Xerais.
  • Construír a paz, 1996, Edicións Xerais.
  • Narradores de cine, 1996, Edicións Xerais.
  • Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
  • Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
  • Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
  • Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
  • Ninguén está só, 2001, Editorial Tris Tram.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
  • Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Edicións Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
  • Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.
  • O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Edicións Xerais.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler (2007). Vigo: Edicións Xerais.
  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13. 
  2. "Fran Alonso Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-03-13. 
  3. "Fran Alonso dirixirá a nova etapa de Xerais". Galicia Confidencial. 20 de abril de 2018. 
  4. "Fran Alonso". www.aelg.gal. Consultado o 2023-03-13. 
  5. "«Cementerio de elefantes»: Estética comprometida, a la altura también de nuestro tiempo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas". FRAN ALONSO. 2013-10-01. Consultado o 2019-10-23. 
  6. "Males de Cabeza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23. 
  7. "Mals de cap". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13. 
  9. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-03-13. 
  10. "Cartas de amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23. 
  11. "La araña y yo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22. 
  12. "A aranha e eu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22. 
  13. "The spider and me". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22. 
  14. "Io e il ragno". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 20 de maio de 2021. 
  15. "무엇을 닮았을까?". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2021. 
  16. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13. 
  17. "Ciudades". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-23. 
  18. "Ciudades". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-23. 
  19. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-13. 
  20. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13. 
  21. "Xornalismo". FRAN ALONSO. 2015-02-17. Consultado o 2023-03-13. 
  22. Contesta ou disparo
  23. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-03-13. 
  24. "Balada solitària". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]