Saltar ao contido

Estée Lauder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEstée Lauder

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Josephine Esther Mentzer Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1906 Editar o valor en Wikidata
Corona, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 2004 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBeth-El Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónNewtown High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresaria Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoseph Lauder Editar o valor en Wikidata
FillosLeonard Lauder, Ronald Lauder Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webesteelauder.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1723013 WikiTree: Mentzer-205 Find a Grave: 8679928 Editar o valor en Wikidata

Josephine Esther Mentzer, coñecida como Estée Lauder (|ˈɛsteɪ ˈlɔːdər|), nada en Nova York o 1 de xullo de 1908,[1][2] e finada na mesma cidade o 24 de abril de 2004, foi unha muller de negocios estadounidense. Foi a cofundadora xunto co seu esposo Joseph Lauter (despois Lauder)[3] da compañía do seu nome. Lauder foi a única muller incluída en 1998 na lista da revista Time dos vinte xenios dos negocios do século XX.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Lauder naceu Corona, Queens,[5] Nova York,[6] segunda dos fillos de Rose (Schotz) Rosenthal e Max Mentzer.[7][8] Os seus pais eran inmigrantes húngaros xudeus,[6][9][10] a súa nai de Sátoraljaújhely e o seu pai de Gelle (hoxe Holice, Eslovaquia).[11] Rose emigrou dende Hungría aos Estados Unidos en 1898 cos seus cinco fillos para unirse ao seu marido, Abraham Rosenthal,[7] mais en 1905 casou con Max Mentzer,[7] tendeiro que tamén inmigrara aos Estados Unidos na década de 1890.[7] Cando naceu a súa filla, a súa nai quixo nomeala Eszti pola súa tía favorita, pero no último momento puxéronlle o nome de "Josephine", co que ambos estaban de acordo. Con todo, deseguida o alcume da bebé foi "Estee", que foi o nome ao que respondía. Eventualmente, cando creou o seu imperio dos perfumes co seu marido, engadiu un acento para facelo soar francés e comezou a pronuncialo na forma en que o facía o seu pai no seu acento húngaro.[12] Como a maioría dos seus irmáns, traballou na ferraxería familiar, onde descubriu por primeira vez o seu gusto polos negocios, o seu espírito emprendedor e que leva a ser un comerciante de éxito. O soño da súa infancia era converterse en actriz co seu "nome nas luces, flores e homes guapos".[8][13]

Lauder co artista Algur H. Meadows en 1972.

Cando Estée creceu acordou axudar o seu tío Dr. John Schotz, químico, no seu negocio. A súa compañía, New Way Laboratories, vendía produtos de beleza como cremas, locións, colorete e fragrancias. Comezou a interesarse máis neste negocio que no do seu pai. Tamén aprendeu a lavar a súa cara e dar masaxes faciais. Tras graduarse no Newtown High School, centrouse no negocio do seu tío.

Lauder deu nome a unha das mesturas Super Rich All-Purpose Cream do seu tío, e comezou a vender os seus produtos ás súas amigas.[7] Vendeu cremas como a Six-In-One Cold Cream e a Dr. Schotz's Viennese Cream a tendas de beleza, clubs de praia e centros turísticos.[14] Un día, mentres lle arranxaban o cabelo en House of Ash Blondes, a dona do salón, Florence Morris, preguntoulle pola súa perfecta cute. Axiña, Estée volveu o salón para distribuír catro das cremas do seu tío e amosar o seu uso. Morris ficou tan impresionada que pediu a Lauder que vendese os seus produtos no seu novo salón.[7]

En 1953, Lauder presentou a súa primeira fragrancia, Youth-Dew, un sal de baño que imitaba un perfume. En vez de empregar perfumes franceses botando unha pinga detrás de cada orella, as mulleres comezaron a usar Youth-Dew na súa auga de baño. No primeiro ano, vendéronse 50 000 botellas, e en 1984, o número aumentara a 150 millóns.[15]

En 1985 protagonizou un documental en televisión, Estée Lauder: The Sweet Smell of Success. Explicando o seu éxito, dixo "Nunca traballei un día na miña vida sen vender. Se creo en algo, véndoo, e véndoo duramente".[14][16]

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Lauder faleceu aos 95 anos vítima dunha ataque cardiopulmonar o 24 de abril de 2004 na súa casa de Manhattan.[2]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Estée coñeceu a Joseph Lauter cando ela tiña pouco máis de vinte anos e casaron o 15 de xaneiro de 1930. O apelido foi cambiado logo de Lauter a Lauder. O seu primeiro fillo, Leonard, naceu o 19 de marzo de 1933.[17][18] A parella separouse en 1939 e ela mudouse a Florida, mais volveron casar en 1942.[14] O seu segundo fillo, Ronald, naceu en 1944. Estée e Joseph Lauder permaneceron casados ata a morte del en 1982, e ela arrepentiuse do seu divorcio, dicindo que casara moi nova e asumiu que perdera a súa vida mais axiña se deu de conta que tiña "o marido máis doce do mundo".[19]

Leonard converteuse en xefe educativo de Estée Lauder[20] e despois en presidente do consello.[21] Ronald foi axudante do Secretario de Defensa durante a administración Reagan e embaixador dos Estados Unidos en Austria en 1986-87.[22]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Lauder recibiu o título de cabaleiro da Lexión de Honor do cónsul xeral de Francia, Gerard Causer. Foi a primeira muller en recibir a condecoración de cabaleiro o 16 de xaneiro de 1978.[23] Foi incluída no Junior Achievement U.S. Business Hall of Fame en 1988 e recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade en 2004.

  1. Estée Lauder en Find a Grave (en inglés)
  2. 2,0 2,1 "Cosmetics Mogul Estee Lauder Dies". cbsnews.com. 25 de abril de 2004. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 8 de agosto de 2008. 
  3. "Estee Lauder". The Biography Channel. AETN UK. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  4. Timothy Williams, Gates Among Time's Top 20 20Th-Century Business Titans Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. Seattle Times, 30 de novembro de 1998
  5. Severo, Richard (26 de abril de 2004). "Estée Lauder, Pursuer of Beauty And Cosmetics Titan, Dies at 97". The New York Times. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  6. 6,0 6,1 "Josephine Esther Mentzer - New York, New York City Births". FamilySearch. Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Kent, Jacqueline C. (2003). Business Builders in Cosmetics. The Oliver Press. ISBN 1-881508-82-X. 
  8. 8,0 8,1 Lauder, Estee. "The Makings of a Beauty Tycoon: Estee Lauder is Born". EvanCarmichael.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  9. "Population Schedule". Fourteenth Census of the United States. US Department of Commerce, Bureau of the Census. 1920. Consultado o 29 de agosto de 2016 – vía FamilySearch.com. 
  10. "Population Schedule". Fifteenth Census of the United States. US Department of Commerce, Bureau of the Census. 1930. Consultado o 29 de agosto de 2016 – vía FamilySearch.com. 
  11. Votruba, Martin. "Estée Lauder". Slovak Studies Program. Universidade de Pittsburgh. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  12. Lauder, Estee (21 de outubro de 1985). "Estee Lauder". New York (New York Media) 18 (41): 32. ISSN 0028-7369. 
  13. Herzog, Edwin (maio de 2012). "Estée Lauder profile". Majoroszog Journal. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "Estee Lauder biography". financial-inspiration.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2008. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  15. "estee lauder Biography". thebiographychannel.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  16. Orixinal en inglés: "I have never worked a day in my life without selling. If I believe in something, I sell it, and I sell it hard".
  17. Kent 2003, p. 115.
  18. "Leonard Lauder". Cityfile.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  19. "Cosmetics Magnate Estee Lauder Dies at 97 (washingtonpost.com)". www.washingtonpost.com. Consultado o 10 de agosto de 2018. 
  20. Mirabella, Grace (7 de decembro de 1998). "Beauty Queen: Estee Lauder: She turned cosmetics into a big business by making the experience at the sales counter a personal one". Time. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  21. "Cosmetics mogul Estee Lauder dies". CNN. 26 de abril de 2004. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  22. "Just Who Was Our Envoy to Vienna". The New York Times. 27 de xullo de 1989. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  23. "Getty Images". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]