Escudo de Montenegro
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Coat_of_arms_of_Montenegro.svg/190px-Coat_of_arms_of_Montenegro.svg.png)
A versión actual do escudo de armas de Montenegro adoptouse oficialmente polo parlamento o 12 de xullo de 2004, substituíndo o escudo dos anos 1990. Como no caso dos escudos de Bulgaria, Xeorxia, Rusia e Serbia, en Montenegro recuperáronse elementos heráldicos propios da monarquía (do Reino de Montenegro) a pesar de que esta non foi restaurada.
O escudo está formado por unha aguia bicéfala de ouro, con pico e garras do mesmo metal e linguada de goles. A aguia sostén sobre o seu peito un brasón que estivo vinculado coa Casa Petrović, é un campo partido por unha faixa de ouro. Na súa partición superior que é de maior tamaño, de azur, un león pasante de ouro; a inferior, de sinople. A aguia sostén coas súas garras un cetro de ouro e un orbe de azur, co seu ecuador e semi-meridiano de ouro, rematado cunha cruz do mesmo metal. Sobre as cabezas da aguia, unha coroa real pechada, de ouro. O escudo aparece no centro da bandeira de Montenegro.
Escudo do Principado e do Reino de Montenegro[editar | editar a fonte]
Escudo da República Socialista de Montenegro: 1946-1992[editar | editar a fonte]
Nunha rocha gris que se ergue do mar aparece o mausoleo de Pedro II, rodeado coa grilanda de ouro de loureiro coa cinta do tricolor nacional. Encima atópase a estrela vermella bordeada de ouro. O mausoleo de Nejgoš no monte Lovćen, é un dos símbolos da soberanía de Montenegro. O emblema foi adoptado probablemente no mesmo tempo que a bandeira, o 31 de decembro de 1946, e suponse que foi deseñado por Đorđe Andrejević-Kun, que tamén se supón foi o deseñador de todos os emblemas iugoslavos dese tempo.
Escudo de Montenegro: 1992-2004[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Coat_of_arms_of_Montenegro_%281992-2004%29.svg/220px-Coat_of_arms_of_Montenegro_%281992-2004%29.svg.png)