El Rocío
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Huelva | |||
Concello | Almonte | |||
El Rocío é unha aldea do municipio de Almonte, na provincia de Huelva. Nela celébrase unha importante peregrinación mariana, a Romaría de El Rocío. O pobo conta con 1.635 habitantes (INE 2008), aínda que durante a romaría de Pentecoste o número de visitantes chegou a alcanzar a cifra de aproximadamente un millón de persoas.[1] A romaría está declarada actualmente de interese turístico internacional.
A primeira referencia a unha ermida con culto mariano nesta zona data da primeira metade do século XIV e atópase no Libro de montería de Afonso XI, en que se menciona unha «ermita de Sancta María de las Rocinas». En 1587 Baltasar Tercero Ruiz funda na ermida unha capelanía, e a mediados do século XVII cambia o nome de Santa María de las Rocinas a Virxe de El Rocío, fúndanse as primeiras irmandades e Almonte proclama á virxe patroa desta localidade.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Andrés Gallego, Antón M. Pazos, La Iglesia en la España contemporánea, Encuentro, 1999, vol. 2, páx. 264. ISBN 9788474905205
- ↑ María Teresa Pérez Cano, Eduardo Mosquera Adell, La protección del patrimonio edificado: catálogo de bienes inmuebles del Municipio de Almonte, Universidad de Sevilla, 2006, páx. 57. ISBN 9788447207183