El Porvenir (1875)
El Porvenir | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Porvenir foi un periódico galego editado en Santiago de Compostela entre 1875 e 1882.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado primeiro Diario de Noticias y Anuncios e Periódico Diario, a partir do terceiro ano, apareceu o 2 de xaneiro de 1875. Foi un periódico católico que apareceu para contrarrestar a influencia de El Diario de Santiago e converteuse no órgano do cardeal Payá. Fundado por Antonio Toledo Quintela e Juan Barcia Caballero, o seu primeiro director foi Andrés Rey Varela, a quen substituíu en maio de 1876 Antonio Toledo Quintela, e a partir de 1881 Alfredo Brañas. Foron os seus redactores Juan Barcia Caballero, Santiago López Mosquera e Emilio Villelga Rodríguez. Entre os colaboradores figuraban Antonio López Ferreiro, Alfredo Brañas e Emilia Pardo Bazán.[1] Desapareceu a consecuencia das multas que lle impuxo o alcalde interino José Peón. Foi substituído por El Libredón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Ilustración Gallega y Asturiana, 18-9-1881, p. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Porvenir, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Porvenir, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.