Efecto Zeeman
Aparencia
O efecto Zeeman é a división dunha liña espectral en varias, na presenza dun campo magnético estático. É equiparable ó efecto Stark, é dicir, a división dunha liña espectral en varias compoñentes, na presenza dun campo eléctrico. O efecto Zeeman é importante en aplicacións como a espectroscopia de resonancia magnética nuclear, espectroscopia de resonancia spin-electrón e espectroscopia Mössbauer.
O efecto Zeeman recibe o nome do físico neerlandés Piet Zeeman.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Efecto Zeeman |