Eduardo Seijas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1907 Chantada, España |
Morte | 22 de decembro de 1978 (71 anos) Palas de Rei, España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, historiador |
Familia | |
Irmáns | Avelino Seijas Vázquez |
Eduardo Seijas Vázquez, nado en Chantada o 23 de marzo de 1907 e finado en Palas de Rei o 22 de decembro de 1978, foi un farmacéutico, historiador e heraldista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a súa profesión en Monforte de Lemos (1930-1942) e Palas de Rei (1942-1978). Desde 1940 foi inspector farmacéutico e membro do Colexio de Farmacéuticos. Organizou os mapas hidrolóxicos das provincias de Ourense, Lugo, A Coruña, Logroño, Guipúscoa, Cidade Real e Xaén. Deixou inédita a obra Pequeña historia de un gran café.
Obras
[editar | editar a fonte]- Contribución al catálogo de la flora de Lugo (comarca de Palas de Rey y Guntín), 1952.
- Guía del camino francés de la provincia de Lugo, con Amando Losada, 1966.
- Clave heráldica gallega.
- Clave de heráldica jacobea.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Fernández Fernández e foi pai de María del Carmen, Eduardo, Javier e Maruja Seijas Fernández.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Biografía na web do concello de Chantada Arquivado 31 de xullo de 2021 en Wayback Machine.