División de Honra de Rugby 2021-2022
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Española de Rugby |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2021-2022 |
Número de edición | 55 |
Competición | |
Primeiro posto | UE Santboiana |
A tempada 2021-2022 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 55ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.
O torneo contou con doce equipos participantes: tres casteláns, dous vascos, dous cataláns, dous madrileños, dous valencianos e un andaluz. O Club de Rugby La Vila e o Gernika Rugby Taldea ocuparon as prazas que deixaron o Getxo Rugby Taldea e o Independiente Rugby Club.
Formato
[editar | editar a fonte]O formato da competición foi modificado para reducir o número de xornadas de liga regular a 16. Posteriormente os oito primeiros equipos da táboa disputaron as eliminatorias polo título: cuartos de final, semifinais e final, todas elas a un encontro no campo do equipo mellor clasificado, do seguinte xeito:
- 1º vs 8º
- 2º vs 7º
- 3º vs 6º
- 4º vs 5º
Liga Regular
[editar | editar a fonte]Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.
Posición | Equipo | Puntos | X | G | E | P | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | CUARTOS DE FINAL | El Salvador | 54 | 16 | 11 | 0 | 5 |
2º. | CUARTOS DE FINAL | Santboiana | 53 | 16 | 12 | 0 | 4 |
3º. | CUARTOS DE FINAL | Alcobendas | 50 | 16 | 10 | 0 | 6 |
4º. | CUARTOS DE FINAL | Ordizia | 49 | 16 | 10 | 1 | 5 |
5º. | CUARTOS DE FINAL | Ciencias | 48 | 16 | 10 | 1 | 5 |
6º. | CUARTOS DE FINAL | Cisneros | 35 | 16 | 8 | 0 | 8 |
7º. | CUARTOS DE FINAL | Barcelona | 35 | 16 | 7 | 0 | 9 |
8º. | CUARTOS DE FINAL | Aparejadores | 35 | 16 | 6 | 3 | 7 |
9º. | PERMANENCIA | VRAC | 34 | 16 | 7 | 1 | 8 |
10º. | PERMANENCIA | Les Abelles | 24 | 16 | 5 | 0 | 11 |
11º. | PROMOCIÓN | La Vila | 18 | 16 | 4 | 0 | 12 |
12º. | DESCENSO | Gernika | 18 | 16 | 3 | 0 | 13 |
Eliminatorias
[editar | editar a fonte]Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
1. El Salvador | 20 | |||||||||
8. Aparejadores | 14 | |||||||||
1. El Salvador | 27 | |||||||||
4. Ordizia | 30 | |||||||||
4. Ordizia | 26 | |||||||||
5. Ciencias | 20 | |||||||||
2. Santboiana | 23 | |||||||||
4. Ordizia | 17 | |||||||||
2. Santboiana | 30 | |||||||||
7. Barcelona | 23 | |||||||||
2. Santboiana | 32 | |||||||||
6. Cisneros | 26 | |||||||||
3. Alcobendas | Desc | |||||||||
6. Cisneros | ||||||||||
- Desc - O encontro de cuartos de final entre Alcobendas e Cisneros non se celebrou por mor da expulsión do Alcobendas da competición, debida á falsificación da documentación do seu xogador Gavin van den Berg. Deste xeito o Cisneros pasou directamente a semifinais.
A final da División de Honra tivo lugar no Estadi Baldiri Aleu (Sant Boi de Llobregat) o 5 de xuño de 2022 e nela enfrontáronse os equipos Unió Esportiva Santboiana e Ordizia Rugby Elkartea, que viñan de ser segundo e cuarto da liga regular e de eliminar en semifinais a Club de Rugby Cisneros e Club de Rugby El Salvador. O encontro rematou con vitoria para o equipo local, a Santboiana, que dese xeito acadou o seu 8º título de liga coincidindo coa celebración do seu 100º aniversario.