Diogo Freitas do Amaral
Diogo Pinto de Freitas do Amaral, nado en Póvoa de Varzim o 21 de xullo de 1941 e finado o 3 de outubro de 2019, coñecido como Freitas do Amaral, foi un político, escritor e docente universitario.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor de Dereito na Universidade de Lisboa, onde estudou.
Fundador, xunto con outros políticos, do partido Centro Socialdemócrata en 1974, meses despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974, sendo o seu presidente até 1982, e de novo entre 1988 e 1991.
Foi Ministro de Asuntos Exteriores dende o 12 de marzo de 2005 até o 3 de xullo de 2006. Tamén foi o primeiro ministro nun papel interino desde o 4 de decembro de 1980 até o 9 de xaneiro de 1981.
Frietas do Amaral foi candidato á presidencia en 1986 e perdeu por unha pequena marxe ante Mário Soares.
Foi presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de 1995 a 1996.
Pasamento
[editar | editar a fonte]En setembro de 2019, Frietas do Amaral ingresou en estado crítico por un cancro de ósos nun hospital de Cascais.[1] Morreu no hospital o 3 de outubro de 2019 aos 78 anos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Freitas do Amaral, internado no Hospital de Cascais". Publico.pt (en portugués).
- ↑ "Freitas do Amaral, a ‘father’ of Portuguese democracy, dies". AP NEWS (en inglés). 2019-10-03. Consultado o 2022-05-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Diogo Freitas do Amaral |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diogo Freitas do Amaral |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |