Saltar ao contido

Darrell Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

{{Xogador da NBA retirado |nome = Darrell Walker |imaxe = |ancho = 200 |posición = Base / Escolta |altura = 1,93 m (6 ft 4 in)

Modelo:BiografíaDarrell Walker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCorliss High School (en) Traducir
Universidade do Arkansas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata - 1993 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porNew York Knicks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Detroit Pistons
Toronto Raptors
New York Knicks
Denver Nuggets
Washington Wizards
Chicago Bulls
1980–1983 Arkansas Razorbacks men's basketball

Darrell Walker, nado o 9 de marzo de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense, que adestra á Universidade de Arkansas en Little Rock. Con 1,93 m de altura, xogaba nas posicións de base e escolta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras formarse no baloncesto universitario no Westark Community College (agora Universidade de Arkansas–Fort Smith) e na Universidade de Arkansas, Walker foi seleccionado polos New York Knicks na 12ª posición do Draft da NBA de 1983. Durante a súa etapa de dez tempadas na NBA, xogou para cinco equipos: os Knicks, os Denver Nuggets, os Washington Bullets, os Detroit Pistons, e os Chicago Bulls.

Na súa tempada coma rookie, Walker foi elixido para o primeiro equipo All-Rookie NBA de 1984, e durante a súa etapa na liga foi un dos líderes en asistencias e roubos de balón. A súa mellor tempada foi a 1989–90 cos Washington Bullets, tras facer 9.5 puntos e 8.0 asistencias por encontro. Na súa derradeira tempada na liga, gañou o título da NBA cos Chicago Bulls.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Walker foi adestrador principal en dous equipos, os Toronto Raptors e os Washington Wizards. Foi o segundo adestrador da historia dos Raptors, tras Brendan Malone, equipo ó que adestrou durante unha tempada e media. No ano 2000, substituíu o despedido Gar Heard en Washington, onde estivo media tempada, ata que á tempada seguinte foi substituído por Leonard Hamilton.

En marzo de 2012, Walker converteuse en adestrador asistente dos New York Knicks, onde estivo ata 2014.[1]

  1. Alex Raskin (17 de marzo de 2012). "Knicks interim coach Mike Woodson adds Darrell Walker, Jim Todd to staff". NJcom (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]