Damian Lillard
Damian Lamonte Ollie Lillard Sr., nado o 5 de xullo de 1990 en Oakland (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Instituto
[editar | editar a fonte]Lillard xogou para ó Oakland High school, onde estivo no mellor equipo da liga nas súas tempadas coma júnior e coma sénior. Na súa tempada coma júnior, acadou 20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias por partido; coma sénior, fixo 28 puntos por partido, conseguindo chegar ós 45 puntos nun partido.[1]
Traxectoria universitaria
[editar | editar a fonte]Na tempada 2008-09, o seu primeiro ano no baloncesto universitario, Lillard fixo 11.5 puntos por partido e liderou ós Wildcats a gañar a tempada regular da Big Sky Conference. Foi nomeado Freshman do Ano e foi incluído no primeiro equipo de toda a conferencia, sendo o primeiro freshman en facelo dende Rodney Stuckey en 2006.
Coma sophomore, Lillard levou o seu xogo a un nivel máis alto. Aumentou a súa anotación a 19.9 puntos por partido e liderou de novo ós Wildcats para gañar a conferencia na tempada regular. Ó remate da tempada, Lillard foi nomeado Xogador do Ano da Big Sky Conference e foi mención honorífica do equipo All-American por Associated Press.[2]
Na tempada 2010-11, Lillard tivo de novo un gran comezo. Porén, a súa tempada durou menos do previsto debido a unha lesión nun dos seus pés cando se levaban nove partidos disputados.[3] Ata ese intre, Lillard lideraba a Big Sky Conference con 19.7 puntos por partido antes de que a súa lesión o apartara durante o resto do ano.
Na 2011-12, coma júnior, Lillard liderou ós Wildcats a unha marca de 14-2. Ademais foi o líder en anotación en todo o país durante case toda a tempada,[4] con 24.5 puntos por partido ó remate da mesma. Os seus esforzos lle deron a súa terceira inclusión no primeiro equipo da conferencia e o seu segundo premio ó Xogador do Ano da Big Sky. Ademais, foi finalista do Premio Bob Cousy.[5] Pouco despois do remate da tempada, Lillard decidiu saltarse o seu ano coma sénior e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[6] Lillard rematou a súa traxectoria universitaria sendo o segundo maior anotador da historia de Weber State con 1.934 puntos, e o quinto da historia da Big Sky.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 2012, Lillard foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers. No seu debut cos Blazers o 31 de outubro e 2012 contra os Los Angeles Lakers,[7] Lillard anotou 23 asistencias e repartiu 11 asistencias, converténdose no terceiro xogador da historia da liga en debutar facendo 20 puntos e 10 asistencias, despois de Oscar Robertson e Isiah Thomas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Damian Lillard BIO
- ↑ "Damian Lillard Named 2009-10 Big Sky MVP". weberstatesports.com. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Lillard gets medical redshirt; Wildcat star's junior season restored". standard.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 14 December 2011.
- ↑ "Weber State Eyes BracketBusters Win". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2012.
- ↑ "Lillard Among Cousy Final Five". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2012.
- ↑ "Lillard Declares for NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2012.
- ↑ "Notebook: Blazers 116, Lakers 106". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 09 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1990
- Nados en Oakland
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Rookie do Ano da NBA
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020