DC Gallego
DC Gallego | |
---|---|
O Deportivo Centro Gallego foi unha institución deportiva da Habana de principios do século XX, cuxa actividade principal era o fútbol. Participou no Campionato Nacional de Fútbol de Cuba, saíndo campión del en oito ocasións, o que o converte no segundo club máis laureado da historia do fútbol cubano, só por detrás do FC Villa Clara.[1] Eran alcumados os "alacráns".[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A institución ten a súa orixe nos inmigrantes galegos que crearon a Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia o 21 de xaneiro de 1872 na Habana, dando lugar a diversas institucións culturais e deportivas, como a creación en 1878 do Centro Galego da Habana, unha escola en 1880, un centro de idiomas, unha biblioteca e a institución deportiva.
O equipo gañou o Campionato Nacional de Fútbol de Cuba en oito ocasións (1931, 1932, 1937, 1938, 1939,[2] 1940, 1945 e 1947).[3] Ademais en 1951 e 1954 gañou o Campionato Cubano Profesional, un campionato paralelo do que se celebraron 7 edicións. Foi un dos mellores equipos de toda América na súa época, chegando a realizar xiras internacionais como a que fixeron por Suramérica e Centroamérica en 1937, que durou catro meses,[4] e na que xogaron contra os mellores equipos de países como Colombia[5] ou Costa Rica.[6] Ademais participaron no Torneo Internacional de Cali, organizado como conmemoración polo 4º centenario da fundación de Cali, xunto ao Independiente Rivadavia, da Arxentina, o Deportivo Cali, de Colombia, a Selección Jalisco, de México e Ambato, de Ecuador entre outros. O Centro Gallego saíu campión, aínda que no partido fronte aos mexicanos, un dos xogadores "galaicos", Sergio Alonso, recibiu unha patada que o mandou ao hospital, onde faleceu pouco despois.[7] En 1938 venceron á selección de Euskadi por 3 a 0 nun partido disputado na Habana.[8]
Entre os xogadores destacados no club atopábanse o costarriqueño Alejandro Morera Soto, quen foi o primeiro costarriqueño en xogar no exterior, o colombiano Roberto Meléndez e o arxentino Amadeo Colángelo. Destacou tamén Mario López, notable figura da selección de fútbol de Cuba na década de 1930. Pero o xogador máis afamado do equipo foi Juan Tuñas, tres veces máximo goleador do Campionato Nacional co Centro Gallego e considerado por moitos como o mellor futbolista cubano de todos os tempos.[9][10] Algúns dos futbolistas que integraron a selección cubana que disputou a Copa Mundial de Fútbol de 1938 pertencían ao Centro Gallego, como o propio Tuñas ou o coruñés Manuel Chorens.
Mantiña unha gran rivalidade co tamén habaneiro Juventud Asturiana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cuba - Lista de campións". www.rsssf.com (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Campeones los alacranes del Centro Gallego al perder el Hispano con el Iberia, 3x1". Diario de la Marina (en castelán). 22 de maio de 1939. p. 10. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Palmarés do Campionato Nacional cubano" (PDF). www.inder.gob.cu (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019.
- ↑ "Tópicos Futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 3 de novembro de 1937. p. 15. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Llegaron a Barranquilla los miembros del equipo". Diario de la Marina (en castelán). 2 de setembro de 1937. p. 15. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 15 de outubro de 1937. p. 13. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Los Panamericanos de 1937" (en castelán). 26 de setembro de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Sufrió la selección vasca su primera derrota a manos del Centro Gallego". Diario de la Marina (en castelán). 24 de xaneiro de 1938. p. 10. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "El once ideal de futbolistas del Caribe" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ "Los cubanos en el Real Madrid" (en castelán). 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2019.