Coro (teatro)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Coro.
O coro é un elemento fundamental do teatro da Grecia Antiga, probablemente tiña a súa orixe nos ditirambos e nos dramas satíricos. Os coreutas, orixinalmente doce, danzaban ou recitaban ditirambos primeiro improvisadamente e a partir do século VI a.C. organizados nunha forma narrativa baixo a guía do corifeo.
O coro tiña un papel determinante nas primeiras traxedias, nas cales participaba un só actor que interpretaba varios personaxes e que se ausentaba da escena para mudar a súa caracterización e nese intervalos era o coro o que retiña todo o protagonismo da obra. A partir do século V a.C. a importancia do coro decae ao se arredar da acción dramática e con Sófocles permanece como un corpo de comentaristas para reforzar a moral da obra.