Conversa:Vairë
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]De novo, un artigo máis ben breve, mais como se di no texto, Tolkien non se estendeu moito na descrición deste personaxe. Omitín parte da información do artigo en inglés por considerala irrelevante ou conxecturas (como o feito de que "aparentemente" vive nas Estancias de Mandos). Tamén mudei algunhas cousas: no artigo inglés fálase de "tapices", mais Tolkien n'O Silmarillion fala de "webs", quizais xogando co concepto de "arañeira". A escolla do termo "rede" seica é menos poética, mais ilustra mellor o concepto de interrelación dos acontecementos, e na miña opinión é máis fiel ao orixinal.--Manudosde 20:00, 29 xaneiro 2008 (UTC)