Conversa:Eswatini
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Non hai que poñer no título tamén o topónimo oficial Swaziland?--Miguelferig (conversa) 29 de xuño de 2013 ás 17:36 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Suacilandia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20130926060955/http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf á ligazón http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 23:04 (UTC)
Cambio do nome do país
[editar a fonte]En abril deste ano, o rei Mswati III anunciou que o Reino de Suacilandia cambiaría oficialmente o seu nome colonial e pasou a chamarse eSwatini, que é o nome que os swazi lle dan ó seu propio país. Unha ip engadiu a información no comezo do artigo, pero creo que aínda non se falou sobre o cambio de nome do artigo. Algunhas wikis xa fixeron o cambio, como a inglesa (Eswatini), a hausa, a xavanesa, a letoa, a lituana, a occitana, o patois, o polaco, (a wiki en swazi xa o recollía con esta forma, obviamente), a serbia, a serbocroata... pero moitas, incluíndo a maioría da nosa contorna, soamente recolleron a nova no artigo e deixaron o antigo nome. Deberíamos facer o cambio nós tamén?--Breogan2008 (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 08:14 (UTC)
- No de Suacilandia non estou de acordo. Vouno tratar de explicar... En galego Suacilandia é o exónimo para un pequeno país africano, de nome en inglés Swaziland. Dito país tiña como nome oficial "Swaziland" en inglés, e agora moudou o seu nome polo dunha lingua bantú (coido) "eSwatini", pero iso non significa que debamos mudar o nome galego, que ten preferencia sobre a forma oficial. --Norrin (Fálame) 21 de febreiro de 2019 ás 18:04 (UTC)
- Por certo que "eSwatini" significa exactamente o mesmo, terra dos suazis. --Norrin (Fálame) 21 de febreiro de 2019 ás 18:06 (UTC)