Club Deportivo Atlético Baleares
Atlético Baleares | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Atlético Baleares | ||
Alcume(s) | Balearicos | ||
Fundación | 14 de novembro de 1920 | ||
Estadio | Son Malferit, Palma, Illas Baleares, España | ||
Inauguración | 8 de maio de 1960 | ||
Capacidade | 18.000 | ||
Propietario | Procampo | ||
Presidente | Fernando Crespí | ||
Adestrador | Christian Ziege [1] | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2015–16 | 9º | ||
Vestimenta | Joma | ||
Patrocinador | Air Europa | ||
Na rede | |||
http://www.cdatb.com | |||
| |||
O Club Deportivo Atlético Baleares (en catalán: Club Esportiu Atlètic Balears) é un club de fútbol de España da cidade de Palma, nas Illas Baleares. Foi fundado en 1920 e actualmente xoga na Primeira Federación.
Historia
[editar | editar a fonte]Os antecedentes do club remóntanse á creación do Mècanic Futbol Club (1920), un equipo formado polos traballadores da compañía Isleña Marítima e que tiña no seu equipamento as cores branquiazuis. En 1920 o Mècanic FC fusiónase co Mallorca FC para formar o Baleares Futbol Club.
O 27 de maio de 1942 naceu o actual Atlético Baleares a partir da absorción do Athletic Futbol Club (creado en 1922) por Baleares FC, con Pedro Serra como presidente. O equipo logrou os seus maiores éxitos nos anos 50, cando en 1951 ascendeu a Segunda División. Nesa categoría estivo desde 1951 ata 1953, e tras descender volveu xogala de 1961 ata 1963.
O equipo descendeu a Terceira División nos anos 90 e pasou o seu peor momento no ano 2005, cando baixou á Rexional Preferente Balear. Con todo, o club puido ascender a Terceira. Na tempada 2007-08, o Atlético Baleares regresou a Segunda B tras quedar primeiro na fase regular e vencer por 2 a 0 ao SD Gernika Club. Tras descender a Terceira na tempada 2008-09, o club conseguiu o campionato de liga 2009-10 e xogou en Segunda B a tempada 2010-11 logo de gañar ao CD Tudelano no play-off de ascenso.
A tempada 2011-12 marcouse o obxectivo de clasificarse entre os catro primeiros para xogar a promoción. Logo dunha brillante liga regular, o Atlético Baleares proclamouse campión do grupo 3 e disputou o playoff contra o Mirandés, co ascenso directo en xogo. O equipo non superou a eliminatoria (1-0 en Miranda e 1-2 no Estadio Balear) e viuse abocado a xogar as eliminatorias de repesca para o ascenso. Tocoulle o Lugo, ao cal tampouco puido superar (3-1 en Lugo e 0-0 no Estadio Balear).
Palmarés
[editar | editar a fonte]Tempadas
[editar | editar a fonte]- Tempadas en Segunda División (4): 1951-52, 1952-53, 1961-62 e 1962-63
- Tempadas en Segunda División B (11): 1977-78, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 2008-09, 2010-11, 2011-12, 2012-13, 2013-14, 2014-15 e 2015-16
- Tempadas en Terceira División (53): 1943 a 1951, 1953 a 1961, 1963 a 1973, 1975 a 1977, 1978 a 1981, 1984 a 1987, 1990 a 2005, 2006 a 2008 e 2009-10
- Tempadas en Rexional Preferente (8): 1940 a 1943, 1973-74, 1974-75, 1981-82, 1982-83 e 2005-06
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campionatos da Segunda División B (1): 2012
- Campionatos da Terceira División (11): 1951, 1956, 1961, 1965, 1968, 1998, 2000, 2001, 2002, 2008 e 2010
- Subcampionatos da Terceira División (10): 1957, 1958, 1960, 1964, 1966, 1986, 1987, 1994, 1995 e 1997
- Campionatos da Rexional Preferente (3): 1975, 1983 e 2006
- Trofeos Nicolás Brondo (24): 1966, 1967, 1970, 1974, 1975, 1977, 1979, 1980, 1987, 1989, 1991, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015
Clasificaciones na Liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Estadio
[editar | editar a fonte]O Estadio Balear, inaugurado en 8 de maio de 1960 atópase na localidade de Palma, próximo á autovía coñecida como Vía de cintura, por iso é polo que se lle coñeza tamén como o Estadio de la Vía de Cintura.
Ten unha capacidade de 18.000 espectadores (3.000 deles con asentos) e posúe unhas dimensións de 102 metros de longo por 67 metros de ancho. Está provisto de céspede artificial.
Primeiro equipo tempada 2011-12
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]
|
|
Corpo técnico
[editar | editar a fonte]- Adestrador: Francesc "Chichi" Soler Atencia
- Segundo adestrador: Ángel Sánchez García, "Layos"
- Adestrador porteiros: Toni Amengual Miralles
- Preparador físico: Pau Albertí Cabot
- Médico: Martí Cladera Cifre
- Fisioterapeuta: Eduard Nicuesa Batlle
- Preparador físico: Tere Arrom Pascual
- Delegados: Pepe Gómez Sabidó, Miquel Garau Orell
- Utilleros: Jeroni Tegla Medina, Vicenç Barceló, Joan Mascaró Font
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV: Gran Enciclopèdia de Mallorca. 19 Vol. Palma: Promomallorca edicions, 1988-91. ISBN 84-86617-02-2 (en catalán)
- Fábregas y Cuxart, Luis: Ca Nostra. 50 años de vida palmesana. Palma: Edicions Cort, 2007 (1965). ISBN 84-7535-595-5 (en castelán)
- Salas Fuster, Antoni: L'Atlètic Baleares. Una història de supervivència. Palma: Ingrama SA (impr.), 2009. ISBN 84-85932-78-1 (en catalán)