Cineclub de Pontevedra
Cineclub de Pontevedra | |
---|---|
Tipo | asociación cultural e cineclub |
Data de fundación | 13 de xuño de 1954 |
Localización | |
Sede | Pontevedra |
Enderezo | Rúa Luís Braille, 40 |
En | Pontevedra |
País | Galicia |
Na rede | |
https://cineclubepontevedra.blogspot.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cineclub de Pontevedra ou Cineclube Pontevedra é unha asociación para a difusión da cultura cinematográfica, que organiza a proxección e comentario de determinadas películas na cidade de Pontevedra.
Historia
[editar | editar a fonte]O Cineclub de Pontevedra é o máis antigo dos cineclubs galegos. Foi fundado o 13 de xuño de 1954 como resposta ao crecente interese dos cidadáns da cidade polo cine. Proxectáronse catro filmes grazas a un préstamo da embaixada francesa: Farrebique ou As catro estacións (Georges Rouquier, 1946), Van Gogh (Alain Resnais, 1948), Versalles e as súas pantasmas (Jean Béranger, 1949) e Balzac (Jean Vidal, 1951). A súa sede estableceuse nas dependencias da Xefatura Provincial de Turismo de Pontevedra.
Na década dos 60, o cineclub organiza unhas xornadas sobre o novo cine español, nas que participa Carlos Saura. O cineclube tiña 500 socios.[1]
En 1987 patrocinou a creación da Confederación de Cineclubs de España nun congreso celebrado no Teatro Principal de Pontevedra.[1]
Nos últimos anos o cineclub de Pontevedra desenvolveu a súa programación habitual no Teatro Principal de Pontevedra.[2] En ocasións tamén realiza proxeccións na Casa das Campás, no Liceo Mutante e na Biblioteca Pública de Pontevedra, onde tamén desempeña un papel didáctico.
Características
[editar | editar a fonte]É unha asociación sen ánimo de lucro e autofinanciada. O cineclub de Pontevedra organiza ao longo do ano ciclos de cine en versión orixinal sobre cine clásico[3] e actual e outros en colaboración co Concello de Pontevedra sobre temáticas concretas como arquitectura, cine de mulleres, cine medieval ou cinema de rúa. O cineclub conta con 2000 películas na súa colección e ofrece un servizo de alugueiro de películas aos seus socios e un servizo de préstamo de libros sobre a sétima arte. Tamén ten un proxector de 16 mm que data da década de 1950.[1] O cineclub de Pontevedra contaba no ano 2004 con 160 socios, o seu presidente é Ramón Poza[4].
O cineclub de Pontevedra tamén ofrece obradoiros de cine para asociacións culturais ou institucións educativas.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]No ano 2004 o cineclub recibiu o premio especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual.[5][6]
En 2015 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra 2014.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "El Cine-Club quiere celebrar este año su 50 aniversario con un congreso". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-03-06. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "O Cineclube retoma a programación no Teatro Principal". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "El Cine Club Pontevedra reanuda su programación en el Principal". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-09-07. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "«O Cineclube compensa pola alegría que dá»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-02. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "LUÍS ÁLVAREZ POUSA, O CINE CLUB DE PONTEVEDRA E RICKY MORGADE, PREMIOS ESPECIAIS MESTRE MATEO 03 Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "El Cineclub de Pontevedra obtiene el premio Mestre Mateo 2003". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-06-17. Consultado o 2022-03-11.
- ↑ "Jaime Blanco y el Cine Club, premios Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-01-13. Consultado o 2022-03-11.