Cicolluis
Cicolluis ou Cicoluis (tamén coñecido como Cicollus, Cicolus, Cicollui e Cichol) é un deus celta adorado na antiga Galia e cun paralelo na Irlanda. O nome ven da lingua gala é significa "Todo-peito" ou "Gran peito" e que se refire a súa gran forza. Pénsase que Cicolluis era un epíteto común do Marte galo.[1] Unha inscrición dedicatoria en latín atopada en Narbona, Francia, ten as verbas MARTI CICOLLUI ET LITAVI (“Mars Cicolluis e Litavis”).[2],[3] “Mars Cicolluis” ten dedicacións en Xanten, Alemaña, e Aignay-le-Duc (onde a súa consorte e Litavis) e Mâlain (onde a súa consorte é Litavis e Bellona, deusa romana personificación da guerra) en Côte-d'Or, Francia. "Cicolluis" é atopado só (non como epíteto de Marte) nunha inscrición de Chassey, Côte-d'Or, e noutra en Ruffey-lès-Echirey. In Windisch, Suíza, é coñecido como "Cicollus", e en Dijon, como “Mars Cicoluis.”[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Evans, Dyfed Lloyd. “Cicolluis: A Gaulish and Irish God, Also Known as Cicollus, Cicolus, Cichol (Great-Breasted).” Celtnet: Nemeton. 22 May 2007 <http://www.celtnet.org.uk/gods_c/cicolluis.html Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.>.
- ↑ Koch, John T. “Ériu, Alba, and Letha: When Was a Language Ancestral to Gaelic First Spoken in Ireland?” Emania: Bulletin of the Navan Research Group 9 (1991): 17–27.
- ↑ Gwinn, Christopher. “Re: Litavi.” LISTSERV 15.0: OLD-IRISH-L Archives. 31 Dec. 2000, 13:48:19 −0500. L-Soft. 22 May 2007 <https://listserv.heanet.ie/cgi-bin/wa?A2=ind0012&L=old-irish-l&P=10754>.