Saltar ao contido

Chris Douglas-Roberts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChris Douglas-Roberts

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCass Technical High School (en) Traducir
University of Memphis (en) Traducir
Northwestern High School (Michigan) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBrooklyn Nets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Brooklyn Nets
Milwaukee Bucks
Los Angeles Clippers
Dallas Mavericks
2005–2008 Memphis Tigers men's basketball

Chris Douglas-Roberts, nado o 8 de xaneiro de 1987 en Detroit, Míchigan, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Mide 2,01 metros e xogaba nas posicións de escolta e ala.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Douglas-Roberts xogou ao baloncesto no Cass Technical High School e no Northwestern High School. Estivo en Cass Tech en 2003 e 2004, facendo 28 puntos, 10 rebotes e 6 asistencias por partido. Tras a tempada 2004 foise a Northwestern onde viu limitado o seu tempo de xogo debido ás regras de transferencia dun instituto a outro, polo que non xogou co equipo ata o segundo semestre. Rematou a tempada cunha media de 13.8 puntos e 5.4 rebotes por partido.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Despois do seu paso polo instituto, Douglas-Roberts estaba considerado coma unha das mellores promesas dispoñibles, sendo incluído no posto 30 na lista de mellores xogadores de Scout.com e no 51 en Rivals.com. Finalmente escolleu a Universidade de Memphis. Durante a súa primeira tempada cos Tigers, xogou 34 partidos nos que 25 foron dende o comezo, asinando 8.3 puntos, 3.3 rebotes e 1.5 asistencias por encontro. Grazas ao seu gran xogo foi incluído no mellor quinteto de freshman da Conference USA. Na súa segunda tempada xogou os 35 partidos coma titular e liderou aos Tigers en anotación con 15.4 puntos. Ademais, foi elixido no mellor quinteto da conferencia e coroouse coma All-America. Xa na súa terceira tempada en Memphis, asinou 23.2 puntos por encontro nos seis partidos do Torneo da NCAA de 2008, onde os Tigers remataron en segunda posición tras perder na final ante os Kansas Jayhawks. A súa grande actuación deulle un posto no primeiro equipo do All-American.

Profesional

[editar | editar a fonte]

O 18 de abril de 2008, Douglas-Roberts anunciou que se presentaba ao Draft da NBA dese mesmo ano.[1] Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 40ª posición, e o 9 de xullo asinou o seu primeiro contrato da NBA cos Nets. O 25 de xuño de 2010 foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio dunha elección da segunda rolda do draft de 2012.[2]

En setembro de 2011, Douglas-Roberts fichou polo Virtus Bologna italiano.[3]

O 1 de outubro de 2012, asinou cos Los Angeles Lakers,[4] pero foi cortado o 22 de outubro sen chegar a debutar.[5] O 27 de outubro, Douglas-Roberts e Melvin Ely asinaron cos Dallas Mavericks,[6] pero foron cortados ó día seguinte.[7]

O 23 de decembro de 2012, asinou de novo con Dallas.[8] O 6 de xaneiro de 2013, foi cortado polos Mavericks.[9]

O 11 de decembro de 2013, Douglas-Roberts asinou cos Charlotte Bobcats.[10]

O 3 de setembro de 2014, Douglas-Roberts asinou cos Los Angeles Clippers.[11]

O 15 de xaneiro de 2015, Douglas-Roberts foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Clippers e os Phoenix Suns.[12] Tres días máis tarde foi cortado polos Celtics.[13]

  1. Douglas-Roberts joins Memphis teammate Rose in entering the NBA draft
  2. "Bucks Acquire Douglas-Roberts in Trade with Nets". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  3. "Virtus Bologna announces Chris Douglas-Roberts". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  4. Lakers Sign Chris Douglas-Roberts
  5. Lakers Waive Chris Douglas-Roberts and Greg Somogyi
  6. "Dallas Mavericks sign Chris Douglas-Roberts and Melvin Ely". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  7. "Dallas Mavericks waive Chris Douglas-Roberts and Melvin Ely". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  8. "Chris Douglas-Roberts Signs with Dallas Mavericks, Becomes Year's Fifth GATORADE Call-Up". NBA.com. 23 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  9. "Mavs request waivers on Douglas-Roberts". NBA.com. 6 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  10. "Cats Sign Douglas-Roberts, Waive Southerland". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  11. "Clippers Sign Chris Douglas-Roberts and Ekpe Udoh". NBA.com. 3 de setembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  12. Boston Celtics Complete Three-Team Trade
  13. Boston Celtics Waive Chris Douglas-Roberts

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]