Saltar ao contido

Centro, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCentro, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°24′55″N 3°42′27″O / 40.415347, -3.707371
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación139.687 (2023) Editar o valor en Wikidata (26.717,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie5,2282 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Manzanares Editar o valor en Wikidata
Altitude673 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación4 de novembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoXunta Municipal do Distrito Centro Editar o valor en Wikidata
• Concelleiro presidente Editar o valor en WikidataCarlos Segura Gutiérrez (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28004, 28005, 28012, 28013, 28014 e 28015 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmadrid.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460981

Centro[1] é un distrito da cidade de Madrid. Ten unha superficie de 5,23 km² e conta con 139.687 habitantes.[2]

Datos históricos

[editar | editar a fonte]

É o casco antigo da Villa, o seu núcleo principal e os seus primeiros desenvolvementos. Distínguense tres zonas: as primitivas murallas árabes, os arrabaldes fose delas e os barrios. A cidade, como praza forte, data do século XI. En 1561, Filipe II decide que pase a ser capital do Reino.

As actuacións urbanísticas intramuros ata 1850 dan lugar ás súas rúas, prazas e casas.

Os aparcamentos subterráneos e as zonas peonís constrúense a mediados do século XX.[3]

O distrito Centro de Madrid é a zona máis antiga da cidade. A primeira constancia da existencia dun asentamento estable data da época musulmá. Na segunda metade do século IX, o emir de Córdoba Muhammad I (852–886) construíu unha fortaleza nun promontorio xunto ao río, no lugar que hoxe ocupa o Palacio Real, co propósito de vixiar os pasos da serra de Guadarrama e ser punto de partida de razzias contra os reinos cristiáns do norte; actualmente aínda se conservan algúns restos da muralla. Xunto á fortaleza desenvolveuse ao leste un pequeno arrabalde, que recibiu o nome de Maǧrīṭ ou Magerit. A excepción da muralla poucos edificios se conservan desta época.

A cidade pasou a mans cristiás en 1085, prosperando ata que en 1123 recibiu o título de vila. Filipe II decidiu instalar a corte en Madrid en 1561. Este feito foi decisivo para a evolución da cidade. A partir desta época construíuse gran parte dos edificios e monumentos máis antigos e que están situados no chamado Madrid dos Austrias que hoxe en día pertence a este distrito.

Coa chegada da ilustración a cidade superou os límites do actual distrito Centro; non obstante, a maioría dos novos monumentos seguiron construíndose nel. Foi o caso do Palacio Real ou a fonte de Cibeles. Os Borbóns, especialmente Carlos III, tiveron a fixación de converter Madrid nunha cidade á altura das novas vilas europeas, tomándose como modelo París. Así, fixeron grandes investimentos en infraestruturas, especialmente sumidoiros e edificios públicos.

Os séculos XIX e XX, coa chegada das democracias, a cidade seguiu crecendo. Co reinado de Isabel II construíuse o edificio do Congreso de Deputados, nas proximidades da Porta do Sol. A primeira organización da división administrativa de Madrid aprobou en 1898, co cambio dos cuarteis aos distritos administrativos, un destes distritos, esta o Centro.[4]

O distrito Centro aloxa o edificio do goberno da Comunidade de Madrid, na Porta do Sol. Ata o ano 2007, no distrito tamén se localizaba o edificio do concello de Madrid na praza de la Villa. Actualmente sitúase no distrito de Retiro.

Demografía e división administrativa

[editar | editar a fonte]
Vista parcial do distrito dende o Círculo de Belas Artes.

Límites do distrito

[editar | editar a fonte]
Fachada da Casa de la Carnicería, sede da Xunta Municipal do Distrito Centro.

O distrito ten unha superficie de 523,73 ha e está delimitado en gran parte polas chamadas Rondas, ou primeiro anel.

Polo tanto o límite discorre polas roldas de Segovia, Toledo, Valencia e Atocha polo sur, cos distritos de Arganzuela e Latina; ao leste polo Paseo do Prado e de Recoletos ata a praza de Colón, lindando cos distritos de Retiro e Salamanca; polo norte polas rúas Génova, Sagasta, Carranza e Alberto Aguilera, co distrito de Chamberí e polo oeste polas rúas Princesa, Cuesta de San Vicente e Paseo de la Virgen del Puerto, co distrito de Moncloa-Aravaca.

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación alcanza os 139.687 habitantes, dos que 38.676 son inmigrantes. Por barrios, os máis poboados son Embajadores con 46.204 habitantes e Universidad y Palacio, con 32.783 e 23.501 respectivamente (censo 2023).[2]

O distrito acolle 63.622 hogares.

Este distrito está dividido en seis barrios:[5]

Rañaceos

[editar | editar a fonte]

O distrito Centro caracterízase por ter edificios de entre catro e seis andares, mais contén tres dos rañaceos máis antigos de España: o Edificio Telefónica, o edificio España e a Torre de Madrid.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]