Cefixima
Cefixima | |
---|---|
Identificadores | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Cefixima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo os nomes de Suprax e Denvar.
Espectro de acción
[editar | editar a fonte]Cefixima é activa fronte a bacterias grampositivas: Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes. Tamén é activa fronte a gramnegativos: Haemophilus influenzae, Moraxella catarrhalis, Escherichia coli, Proteus mirabilis e Neisseria gonorrhoeae. Presenta actividade in-vitro, pero non avaliada a eficacia clínica, fronte a Streptococcus agalactiae, Haemophilus parainfluenzae, Proteus vulgaris, Klebsiella pneumoniae, Klebsiella oxytoca, Pasteurella multocida, Providencia spp, Salmonella spp, Shigella spp, Citrobacter amalonaticus, Citrobacter diversus e Serratia marcescens[1].
Indicacións clínicas
[editar | editar a fonte]Cefixima está aprobada para as seguintes indicacións clínicas:
- Infección urinaria non complicada
- Otite media
- Farinxite por Streptococcus pyogenes
- Bronquite aguda ou exacerbación aguda de bronquite crónica.
- Gonorrea
Dosificación
[editar | editar a fonte]Unicamente existe formulación oral. A dose estándar é de 200 a 400 miligramos cada 12 ou 24 horas. A dose debe ser axustada en insuficiencia renal grave (filtrado menor de 10) e en poboación pediátrica[2].
Embarazo e lactación
[editar | editar a fonte]Cefixima atópase na categoría B da FDA de fármacos durante o embarazo. Descoñécese se se excreta no leite materno, polo que se recomenda suspender a lactación mentres se tome cefixima[3].
Efectos secundarios
[editar | editar a fonte]Semellantes ao resto de cefalosporinas, destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha técnica de "cefixima" da FDA" (PDF) (en inglés). Abril 2003. Consultado o 15 setembro 2018.
- ↑ Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155.
- ↑ "Ficha técnica de "cefixima" da FDA" (PDF) (en inglés). Abril 2003. Consultado o 15 setembro 2018.