Saltar ao contido

Castilla-La Mancha Televisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castilla-La Mancha Televisión
Inicio das emisións 13 de decembro de 2001
Propiedade de RTVCM
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 5,5% (agosto de 2015, TNS)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Castela-A Mancha Castela-A Mancha
Canle/s irmá(s) CMT HD

Na rede
www.rtvcm.es/television/

Castilla-La Mancha Televisión (CMT) é a televisión autonómica pública de Castela-A Mancha, xestionada polo ente público Radiotelevisión de Castilla-La Mancha.

Empezou as súas emisións regulares o 13 de decembro de 2001. A súa sede central está en Toledo, no barrio de Santa María de Benquerencia, e ten varias delegacións territoriais, en Albacete, Alcázar de San Juan, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Puertollano e Talavera de la Reina. Fóra da comunidade ten unha delegación en Madrid e tivo corresponsalías en Bruxelas, Hong Kong, Nova York e o Río de Xaneiro, hoxe pechadas.

A súa programación está baseada en contidos dirixidos para os residentes de Castela-A Mancha, onde a información, os deportes e a emisión de películas, festexos taurinos e programas de entretemento en clave castelán-manchega ocupan toda a grella.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]