Breña Baja
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Capital | Breña Baja | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.963 (2023) (419,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14,2 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 295 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xosé de Nazaret | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Borja Perez Sicilia (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38712 e 38711 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38009 | ||||
Sitio web | bbaja.es |
Breña Baja é un concello das Illas Canarias. Esténdese por unha área de 14.20 km² onde no ano 2011 vivían 5.348 habitantes. Encóntrase na illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife.
Historia
[editar | editar a fonte]Atendendo á natureza volcánica do terreo e á súa vexetación recibiu o nome das Breñas por parte dos colonizadores. En tempos da conquista os asentamentos aborixes máis antigos localízanse nas zonas baixas (Barranco del Humo, Los Guinchos, Los Cancajos).
Desde mediados do século XIV e ao longo de todo o século XV houbo un período de contactos, progresivamente máis frecuentes, entre as poboacións aborixes do arquipélago e os navegantes europeos inmersos na primeira expansión ultramarina.
O cantón de Tedote non opuxo resistencia ás tropas castelás do Adiantado Alonso Fernández de Lugo en 1492. Finalizada a conquista, Alonso Fernández de Lugo distribuíu terras e augas entre conquistadores e colonos. O colonato europeo era na súa maior parte de orixe portuguesa.
A exportación de viños ás colonias americanas representaba a principal riqueza de La Palma, de tal xeito que veu ser a maior escala de Indias e de todas estas illas. A riqueza vitícola alterou a estrutura da propiedade, pois xerou a formación de grandes facendados.
Nun principio, a igrexa de San José foi unha simple ermida anexa ao curato de San Pedro de Breña Alta, cabeza eclesiástica do lugar. A súa fundación remóntase a 1548.
A división administrativa conseguiuse o 28 de novembro de 1634. A partir de entón, Breña Baja contou coa súa alcaldía pedánea e con capacidade de xestión sobre os bens e institucións.
Carlos III, nas súas ordes de protección e en consideración ao atrayente da zona, instou a construción dun forte, no lugar onde existiu outra batería destruída por un aluvión en 1694.
En virtude da aplicación do decreto das Cortes de Cádiz de 26 de maio de 1812, Breña Baja converteuse en municipio independente. O edificio do vello depósito foi remocicado para albergar ás Casas Consistoriais.
En xullo de 1949 concédeselle o título de Moi Nobre e Honorable Vila.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Breña Baja dende a década dos 50 ata agora:
Política
[editar | editar a fonte]A repartición de escanos quedou deste xeito:
CC-PNC | PP | PSOE | Outros | Total | |
---|---|---|---|---|---|
2007 | 7 | 2 | 2 | 0 | 11 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Breña Baja |