Bill Evans
(1961) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) William John Evans 16 de agosto de 1929 Plainfield, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 15 de setembro de 1980 (51 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cirrose hepática |
Lugar de sepultura | Roselawn Memorial Park and Mausoleum (en) |
Educación | Southeastern Louisiana University (en) Mannes College The New School for Music (en) North Plainfield High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | Pianista de jazz, director de orquestra, compositor, líder de banda |
Período de actividade | 1950 - 1980 |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz, jazz modal (pt) , Cool jazz e Post-bop |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Instrumento | Piano |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Fantasy Concord Records (pt) Riverside Records (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
William John Evans, máis coñecido coma Bill Evans, nado o 16 de agosto de 1929 e finado o 15 de setembro de 1980, foi un dos pianistas de jazz máis famosos do século XX, converténdose nunha das principais influencias do piano de jazz de despois dos 50. O seu emprego da harmonía impresionista, a súa interpretación imaxinativa do repertorio tradicional de jazz e as súas liñas melódicas sincopadas e polirrítmicas influenciaron a toda unha xeración de pianistas, entre os que se inclúen: Herbie Hancock, Chick Corea e Keith Jarrett, e o seu traballo segue a inspirar a pianistas máis novos tales coma Fred Hersch, Esbjörn Svensson, Bill Charlap e Lyle Mays así coma a outros músicos tales coma o guitarrista John McLaughlin.
Nado en Plainfield, Nova Jersey, estudou música clásica na Southeastern Louisiana University e na Mannes School of Music, na cidade de Nova York, onde se especializou en composición e recibiu un diploma de artista. En 1955 trasladouse a Nova York onde traballoou co líder de banda e teórico George Russell. En 1958 Evans uniuse ao sexteto de Miles Davis, que en 1959, entón inmerso no jazz modal, gravou Kind of Blue, o álbum de jazz máis vendido da historia.[1]
A finais de 1959 Evans deixou a banda de Miles Davis e comezou a súa carreira como líder, formando un trío co baixista Scott LaFaro e o batería Paul Motian, un grupo considerado agora como un trío seminal de jazz moderno. En 1961 gravaron dous álbums durante unha actuación no club de jazz ,Village Vanguard de Nova York, Sunday at the Village Vanguard e Waltz for Debby. Porén, dez días despois desa actuación, LaFaro morreu nun accidente de coche. Tras meses sen presentacións públicas, Evans reapareceu cun novo trío, desta vez con Chuck Israels no baixo. En 1963 Evans gravou Conversations with Myself, un álbum en solitario producido con tecnoloxía de sobregravación (overdubbing). En 1966 coñeceu ao baixista Eddie Gómez, co cal traballaría os seguintes 11 anos. Durante a década de 1970 Evans colaborou co cantante Tony Bennett en dous álbums aclamados pola crítica: The Tony Bennett/Bill Evans Album (1975) e Together Again (1977).
Moitas das composicións de Evans, como "Waltz for Debby" e "Time Remembered", convertéreronse en standards, sendo tocadas e gravadas por moitos artistas. Evans recibiu 31 nomeacións aos Grammy e sete premios, e foi incluído no DownBeat Jazz Hall of Fame.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The All-TIME 100 Albums". web.archive.org. 2006-11-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "1981 Down Beat Critics Poll". Down Beat. 31 de agosto de 1983