Bandeira do Nepal
Bandeira do Nepal | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 5:4 |
Adopción | 16 de decembro de 1962 |
Cores | Vermello Azul Branco |
A bandeira do Nepal (en nepalés: नेपालको झण्डा) é a única bandeira dun estado soberano que non ten forma cuadrangular (fóra de bandeiras de estados soberanos está tamén a do estado norteamericano de Ohio). A bandeira é unha combinación simplificada de dous pendóns sinxelos. A súa cor vermella escarlata é a cor dos rododendros, a flor nacional do país. O vermello é tamén o signo da vitoria na guerra. O azul representa á paz. Até 1962, nos emblemas da bandeira, o sol e a lúa crecente, había rostros humanos. Os rostros permaneceron no estandarte real até a abolición da monarquía en 2008.
Interpretación
[editar | editar a fonte]O bordo azul simboliza a paz e a harmonía que prevaleceu no país desde a época de Buda Siddhartha Gautama, que naceu no actual territorio do Nepal. O vermello escarlata é a cor nacional do país, e reflicte o espírito valente do pobo nepalés. Os dous triángulos simbolizan as montañas do Himalaia e as súas dúas grandes relixións, o hinduísmo e o budismo.
A bandeira triangular de cor vermella foi un símbolo hindú da vitoria dende a época do Ramayana e o Mahabharata. A representación dos corpos celestes representa a permanencia, a esperanza de que Nepal durará tanto como o sol e a lúa. A lúa é símbolo de que os nepaleses son calmos, mentres o sol simboliza a resolución feroz. A lúa simboliza tamén as sombras e o clima frío da cordilleira do Himalaia, mentres que o sol simboliza a calor e a alta temperatura na parte inferior (Tarai) do Nepal.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nepal en Flags of the World (en inglés)