Ash
Ash | |
---|---|
Ash, con Charlotte Hatherley. | |
Orixe | Downpatrick, Irlanda do Norte |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, power pop, punk rock, pop punk, britpop, indie rock, grunge |
Selo(s) discográfico(s) | Infectious, Edel, Deathstar |
Na rede | |
http://www.ash-official.com/ | |
Ash é unha banda de rock alternativo de Irlanda do Norte formada en 1992 por Mark Hamilton (baixo) e Tim Wheller (vocal e guitarra).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tralo descubrimento sa súa paixón pola música, anímanse a tocar novoscovers e a principios dos anos '90, tras escoitar bandas como Twisted Sister e Iron Maiden, deciden formar unha banda de heavy metal cunha amiga da infancia, chamada Vietnam. Tras un par de concertos buscaron un batería, encontrando a Rick Murray, dous anos maior ca eles. Finalmente deixan de lado o heavy metal animados por outro tipo de sons coma os de Nirvana, Mudhoney ou os Pixies, comezando a compoñer as súas propias cancións. Un dato curioso sobre a orixe do nome da banda é que o elixiron ao chou nun dicionario.
Crearon tres maquetas, "Solar Happy" en xuño, "Shed" e "Home Demo" en setembro. "Goldfinger" foi o seu primeiro lanzamento en 1996, un dos singles do traballo, xunto con "Oh Yeah", que os catapultou cara a fama. O álbum chegaría ao Top dos Charts en Gran Bretaña. En 1997 deron un concerto no London Astoria, e participaron no Glastonbury Festival. Outros discos destacados son Nu-Clear Sounds e Free All Angels.
Tras lanzar “Twilight Of The Innocents” en 2007, o grupo decidiu non volver sacar un disco de estudio, e só dar a coñecer a súa música a través de sinxelos esporádicos.
Actualmente destaca o proxecto A-Z series, que consiste en descargas dixitais dende a súa web oficial.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Trailer | 1994 | Infectious Records |
1977 | 1996 | Infectious, Home Grown |
Nu-Clear Sounds | 1998 | Infectious Records |
Free All Angels | 2001 | Infectious Records |
Meltdown | 2004 | Infectious Records |
Twilight of the Innocents | 2007 | Infectious Records |
Kablammo! | 2015 | earMUSIC |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Entrevista en Record Overplayed webzine Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.