As Maus, Tosende, Baltar
As Maus | |
---|---|
As Maus | |
Parroquia | Tosende |
Concello | Baltar |
Coordenadas | 41°55′41″N 7°49′19″O / 41.928, -7.822 |
Poboación | 35 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Maus[1] ou Meaus[2] é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar. Tiña 35 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[3] e do IGE[4], dos cales 16 eran homes e 19 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010 cando tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres). Segundo o INE no ano 2007 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres), o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.
Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo As Maus que aparece no Nomenclátor de Galicia é un erro, pois a forma popular e propia é Meaus.[2] O lugar tamén se coñecía como Meaus na época do Couto Mixto e así aparece en moita bibliografía sobre o tema.
A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nomenclátor de Galicia: Tosende (San Lourenzo)". Xunta de Galicia.
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 15.novembro.2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Baltar - Tosende" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 15.novembro.2012.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización" (PDF). Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tosende
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Tosende no concello de Baltar (Ourense) | |
---|---|