Saltar ao contido

Art Farmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArt Farmer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1928 Editar o valor en Wikidata
Council Bluffs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1999 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónJefferson High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , trompetista , músico de jazz , artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoJazz Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
InstrumentoTrompeta e Frauta Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records
Enja Records (pt) Traducir
Contemporary Records (pt) Traducir
Fantasy Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webartfarmer.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0267722 BNE: XX892700 Spotify: 4L9xEztn5PKQIO5WnI5W3u iTunes: 338447 Last fm: Art+Farmer Musicbrainz: ee40fc76-9cbf-4862-bd00-e5f45e8d25d7 Discogs: 179055 Allmusic: mn0000502199 WikiTree: Farmer-9965 Editar o valor en Wikidata

Arthur Stewart Farmer, nado en Council Bluffs (Iowa) o 21 de agosto de 1928 e finado en Nova York o 4 de outubro de 1999, coñecido artisticamente como Art Farmer, foi un músico estadounidense de jazz que interpretaba a trompeta e o fliscorno e en ocasións a flumpet.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun traballador do aceiro. Farmer comezou a traballar como músico pasada a metade da década de 1940. Asentado nos Ánxeles, formou parte das bandas de Benny Carter e Jay McShann, entre outros.

Uniuse á orquestra de Lionel Hampton arredor 1953 (trompetistas como Clifford Brown e Quincy Jones tamén formaron parte da orquestra de Hampton naquela época) e tras o seu traslado a Nova York, traballou máis tarde con Gigi Gryce, Horace Silver e Gerry Mulligan, entre outros. A partir de mediados da década de 1950, figurou en gravacións dos principais arranxistas da época, incluíndo a George Russell, Jones e Oliver Nelson. Tamén formou The Jazztet co compositor e saxofonista tenor Benny Golson; ambos homes por separado tomaran a decisión de que o outro debería ser un membro do seu grupo. The Jazztet non tivo contratos con clubs suficientes para durar máis aló de 1962, aínda que si axudou ás carreiras de diversos músicos, como o pianista McCoy Tyner ou o trombonista Grachan Moncur III, gravando o grupo varios álbums para Argo e Mercury Records. Farmer e Golson reviviron The Jazztet nos anos 80 para unha serie de contratos, co trombonista orixinal Curtis Fuller.

A comezos dos anos 60, Farmer formou un trío co guitarrista Jim Hall e o baixista Steve Swallow. Despois trasladáronse a Europa, asentándose finalmente en Viena (Austria), onde traballou con The Kenny Clarke-Francy Boland Big Band. Tamén realizou gravacións como líder na transcurso da súa carreira posterior.

Tiña un irmán xemelgo idéntico, Addison Farmer, que tocaba o baixo.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • The Art Farmer Septet (Fantasy Records, 1954)
  • Early Art (Fantasy Records, 1954)
  • When Farmer Met Gryce (Fantasy Records, 1955)
  • Two Trumpets (Original Jazz Classics, 1956)
  • Farmers Market (Fantasy Records, 1956)
  • Modern Art (CM Blue Note, 1958)
  • Portrait of Art Farmer (Fantasy Records, 1958)
  • Meet the Jazztet (Geffen, 1960)
  • Listen To Art Farmer & The Orchestra (Verve Records, 1962)
  • Yesterday's Thoughts (Test of Time Records, 1976)
  • On the Road (Concord Records, 1976)
  • Real Time (Fantasy Records, 1986)
  • Back to the City (Fantasy Records, 1986)
  • Something to Live For: The Music of Billie Holiday (Fantasy Records, 1987)
  • Blame It On My Youth (Fantasy Records, 1988)
  • Foolish Memories (L&R Records)
  • Ph.D. (Fantasy Records, 1989)
  • The Company I Keep (Arabesque Records, 1994)
  • The Meaning of Art (Arabesque Records, 1995)
  • Out of the Past (GRP Records, 1996)
  • Silk Road (Arabesque Records, 1996)
  • The Quartets (Hindsight Records, 1997)
  • Live at The Stanford Jazz Workshop (Monarch Records, 1997)
  • Art Farmer and the Jazz Giants (Fantasy Records, 1998)
  • Artistry (Concord Records, 2001)
  • At Birdhouse (Verve, 2002)
  • What Happens? (Cam, 2005)
  • To Duke With Love (Test of Time Records)
  • The Summer Knows (Test of Time Records)
  • Farmers Market (Prestige)
  • At Boomers (Test of Time Records, 2008)
  • Brass Shout (Blue Note)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]