Antonio Pereiro Liñares
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Pereiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1950 Tordoia, España |
Morte | 4 de febreiro de 2019 (68 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Tordoia | |
1999 – 2019 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tordoia |
Ocupación | político, oficinista |
Antonio Pereiro Liñares, nado en Tordoia o 8 de abril de 1950 e finado o 4 de febreiro de 2019,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato no Instituto Masculino da Coruña. En 1968 ingresou por oposición como auxiliar administrativo do concello de Tordoia e en 1982 pasou a administrativo. Nas eleccións municipais de 1995 foi cabeza de lista por unha candidatura independente, obtendo cinco concelleiros. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.
Predecesor: Andrés García Lamas |
Alcalde de Tordoia 1999 - 2019 |
Sucesor: Inés Santos Pereiro |